La Xunta aplica la excepcionalidad para mantener el presupuesto a las tres universidades gallegas en 2011

A CONSELLERIA APLICA A EXCEPCIONALIDADE ORZAMENTARIA E ACORDA COAS TRES UNIVERSIDADES A CIFRA DE 390 MILLÓNS DE EUROS PARA O ANO 2011

 La Consellería de Educación aplica la excepcionalidad presupuestaria en lo que respecta a las tres universidades gallegas

La Xunta acuerda concederles 390 millones de euros en 2011

  • Educación e Facenda pactaron coas universidades do SUG a cantidade do primeiro ano do Plan de Financiamento 2011-2015
  • O Goberno galego fai un gran esforzo económico e aposta polo ensino universitario, mantendo o seu financiamento malia á crise económica
  • Representantes de ambas as partes reuníranse o xoves 21 para definir os criterios de reparto

 

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2010.- A Xunta de Galicia vén de acordar coas tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) a cantidade dispoñible para o orzamento de 2011, que ascenderá aos 390 millóns de euros. Deste xeito, mantense o presuposto destinado a estas institucións académicas, o Goberno galego dá mostra da súa aposta estratéxica polo ensino universitario, malia á crise económica actual.

 As Consellerías de Educación e Ordenación Universitaria e de Facenda pactaron a pasada semana a cantidade de 390 millóns de euros nunha reunión celebrada en San Caetano, e á que asistiron, ademais de persoal da Xunta, representantes das tres universidades.

Así, pola Universidade de Santiago de Compostela estivo presente a vicerreitora de Economía e Infraestruturas, Sara Cantorna; pola Universidade de Vigo o vicerreitor de Economía e Planificación, José Manuel García; e pola Universidade da Coruña o vicerreitor de Estratexia e Planificación Económica, Ángel Fernández. Doutra banda, os representantes da Xunta foron o director xeral de Orzamentos, Miguel Corgos, e o subdirector xeral de Recursos e Análise Orzamentaria, Joaquín Caballero, ambos os dous da consellería de Facenda; mentres que pola Consellería de Educación estiveron presentes o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, e a subdirectora xeral de Universidades, Beatriz Soutelo.

 Tras ter acordado a cifra global que se repartirá entre as tres universidades, os asistentes á reunión adquiriron o compromiso de se reunir novamente para definir os criterios xerais de reparto, nun encontro que tivo lugar o  xoves 21 de outubro.

 Novos criterios

A cifra global da que as universidades disporán para o ano 2011 repartirase este ano de acordo cos novos criterios que se están a definir nas reunións para pechar o que será o Plan de Financiamento do SUG para o período 2011-2015. Dunha banda,  e tal e como foi acordado nas reunións da Comisión de Financiamento, o 5% do total destinarase a Financiamento por Resultados, e repartirase en base ao Panel de Indicadores adiantado no encontro do pasado 11 de outubro.

 Doutra banda, outro 5% irá a parar ao financiamento por Mellora da Calidade; e o 90% restante, destinado a Fondo Incondicionado e complementos, repartirase de acordo con novos criterios xerales e estruturales, que serán determinados nas próximas reunións entre Xunta e universidades. Entre eles, e de forma lóxica tendo en conta a situación actual da economía, pesará a eficiencia da xestión económica nas tres institucións académicas que conforman o SUG.

 Co orzamento proposto para 2011 a Xunta dá mostra unha vez máis do seu compromiso coa Universidade galega, contando co SUG para elaborar o Plan de Financiamento 2011-2015, que será de fundamental importancia para o futuro do sistema de ensino universitario e para o futuro estratéxico de Galicia.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s