Cerca de 200 jóvenes gallegos realizarán prácticas laborales en países europeos este año gracias al programa Mogal

Foto: cext.es

PRETO DE 200 XÓVENES POUDERON INSCRIBIRSE A PARTIR DO 4 DE OUTUBRO PARA REALIZAR PRÁCTICAS LABORAIS NOUTROS PAÍSES EUROPEOS

Cerca de 200 jóvenes pudieron inscribirse a partir del 4 de octubre para realizar prácticas laborales en otros países europeos. El programa Mogal de la Xunta permitirá a los participantes trabajar en empresas de Italia, Francia, Irlanda y Holanda entre noviembre de este año y diciembre de 2011

 

  • O programa Mogal, xestionado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, permitirá aos participantes traballar en empresas de Italia, Francia, Irlanda e Holanda entre novembro deste ano e decembro de 2011
  • Este proxecto é unha das iniciativas que se abordaron no marco do “Seminario de responsables de políticas nacionais, rexionais e locais de Xuventude”  na capital galega
  • No congreso participaron  representantes de España, Rusia, Ucraína, Moldavia, Armenia, Grecia, Italia, Bulgaria, Portugal, Romanía e Hungría
  • A Xunta xa está pechando acordos, no marco desta xuntanza, para organizar intercambios con outros destinos nos últimos meses do ano

 

Santiago, 24 de outubro de 2010.- Preto de 200 mozos e mozas galegas pouderon inscribirse, a partir do  4 de outubro, no programa “Mogal”, unha iniciativa que lles permitirá realizar prácticas laborais en empresas de Italia, Francia, Irlanda e Holanda entre novembro de 2010 e decembro de 2011.

De feito, este programa, que xestiona a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude, é un dos proxectos que se abordó no marco do “Seminario de responsables de políticas, nacionais, rexionais e locais de Xuventude”, en Santiago de Compostela.

Neste congreso participaron representantes de España e doutros dez países europeos: Rusia, Ucraína, Moldavia, Armenia, Grecia, Italia, Bulgaria, Portugal, Romanía e Hungría. O seu obxectivo é ser un foro para o intercambio de coñecementos e experiencias que en materia de xuventude están a poñer en marcha os distintos membros da Unión Europea e dos países europeos non asociados.

Por iso, a Xunta fixo especial fincapé nos seus programas de mobilidade, entre o que destaca o Mogal, que este ano duplica as súas prazas, xa que o ano pasado participaron no mesmo un centenar de mozos e mozas. Neste exercicio, o proxecto conta cun investimento de máis de 500.000 euros que achega a Unión Europea e o propio Goberno galego.

A Dirección Xeral de Xuventude presentou tamén o programa “Xuventude no mundo”, que se puxo en marcha por primeira vez este ano, e que está permitindo, xa actualmente, que 120 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos teñan a oportunidades de participar en intercambios xuvenís coa mocidade en sete países europeos.

O seminario, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar, ten como un dos seus obxectivos prioritarios conseguir unha ampliación do número de países socios que participen nos seus programas de mobilidade.

De feito, os traballos están avanzando a bo ritmo dentro deste seminario, no que se  acordou que, nos vindeiros meses, mozos e mozas galegas poderán visitar os seguintes países ou cidades: San Petersburgo, Moldavia, Ucraína, Italia ou Hungría. En cada intercambio –proxectos propios da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado- participarán entre 10 e 12 persoas. Pola súa banda, a mocidade destes países visitaría Galicia durante o próximo ano.

Este esforzo por ampliar as posibilidades dos intercambios entre a mocidade inscríbese na aposta da Xunta de Galicia pola mobilidade xuvenil, un compromiso que se reflicte na Estratexia Xuventude 2010-2013, que recolle este punto como un eixo estratéxico.

Un comentario sobre “Cerca de 200 jóvenes gallegos realizarán prácticas laborales en países europeos este año gracias al programa Mogal

¿Y tú qué opinas de esto?