TURGALICIA FOMENTA A INTRODUCIÓN DAS NORMAS UNE DE CALIDADE NOS ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS GALEGOS
Turgalicia fomenta la introducción de las normas UNE de calidad en los establecimientos turísticos gallegos. En la actualidad se desarrollan en la región programas de calidad turística dentro de la marca Q. Ciento veinte empresas cuentan ya con este distintivo.
- A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, desenvolverá un programa de nove cursos de formación ao longo do último trimestre de 2010
- Na actualidade estanse a desenvolver en Galicia programas de calidade turística dentro da marca Q nos subsectores turísticos relativos a hoteis, turismo rural, restaurantes, axencias de viaxes, cámpings, balnearios, servizos de restauración, espazos naturais protexidos, praias, axencias de viaxes e pazos de congresos. Nestes programas participan varias empresas turísticas galegas, das que 120 contan xa co distintivo Q de calidade.
Santiago, 31 de outubro de 2010.- A Consellería de Cultura e Turismo organizará a través de Turgalicia, sociedade dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, un programa de formación en materia de calidade turística incluído dentro da marca Q, do Instituto para a Calidade Turística de España (ICTE), ao obxecto de difundir os valores asociados a este emblema turístico no sector galego e concretamente as normas UNE (Una Norma Española) asociadas. O programa desenvolverase entre os meses de outubro e decembro, cun total de nove cursos de formación dirixidos a empresarios dos distintos subsectores turísticos galegos.
A primeira destas actividades formativas tivo lugar entre os días 20 e 21 de outubro, baixo o epígrafe Ferramentas de xestión da innovación no sector turístico, destinado a organismos de intermediación e representación empresarial do sector turístico de Galicia, axentes de dinamización turística no ámbito público e privado da comunidade galega e empresas do sector turístico en xeral.
No ámbito da difusión e introdución das normas UNE, dentro da marca Q, de calidade turística en Galicia, Turgalicia desenvolve o día 27 de outubro o curso Marca Q de calidade turística: norma 183003-2009 para Turismo Activo, para profesionais de empresas de turismo activo de Galicia, cuxa finalidade é a realización de actividades deportivas ou de natureza con fins recreativos e non competitivos, ofertados ao público en xeral.
O día 3 de novembro, impartirase o curso Marca Q: norma 183003-2009 para aloxamentos rurais, destinado a propietarios, xerentes, directores de calidade e responsables dos distintos servizos de establecementos de Turismo Rural de Galicia.
Turgalicia impartirá o día 16 de novembro o curso Marca Q: norma 182001-2008 para hoteis e apartamentos turísticos, destinado a propietarios, xerentes, directores de calidade e responsables dos distintos servizos de hoteis e apartamentos turísticos de Galicia. Ademais, o 23 de novembro desenvolverase o curso Marca Q: norma 188004-2009 para instalacións náuticas deportivas, para profesionais de instalacións da náutica recreativa de Galicia que, ademais de xestionar as estancias de embarcacións, desenvolvan actividades complementarias náuticas de transcendencia social ou deportiva.
Neste contexto, o día 23 de novembro terá lugar o curso Marca Q: norma 187001-2008 para praias, destinado a profesionais do sector turístico, concelleiros e técnicos de xestión ambiental e praias dos concellos de Galicia.
O día 24 de novembro desenvolverase o curso Marca Q: norma 188001-2008 para campos de golf, no que poderán participar xerentes, directores, directores de calidade e profesionais dos campos de golf de Galicia. Ademais, o día 30 de novembro terá lugar o curso Marca Q: norma 167000-2006 para establecementos de restauración, destinado a propietarios, xerentes, directores de calidade e responsables dos distintos servizos dos restaurantes –bares, cafetarías, restaurantes, servizos de catering…)
Por último, dentro deste programa de formación en materia de calidade turística da marca Q, Turgalicia desenvolverá o curso Calidade na visita a empresas de Turismo Industrial, destinado a xerentes, responsables de calidade e técnicos de empresas que ofrecen visita industria –adegas, museos do queixo, museos do mel, museos do viño…) e técnicos e responsables de Turismo en destinos de Galicia.
Calidade no sector
O Sistema de Calidade Turística de España foi implantado no ámbito de todo o Estado español polo propio sector turístico, co apoio do goberno central e as comunidades autónomas. Na actualidade estanse a desenvolver en Galicia programas de calidade turística, dentro da marca Q nos subsectores turísticos relativos a hoteis, Turismo Rural, restaurantes, axencias de viaxes, cámpings, balnearios, servizos de restauración, espazos naturais protexidos, praias, axencias de viaxes e pazos de congresos; programas nos que participan varias empresas turísticas galegas, das que 120 contan xa co distintivo Q de calidade.
A adhesión e participación no Sistema de Calidade Turística Española é totalmente libre e voluntaria e pode ser solicitada en calquera momento. Non se precisa máis que a vontade do empresario e o seu compromiso de segemento e continuidade internos. Para obter o distintivo Q, a empresa, unha vez adherida ao Sistema, debe seguir o proceso de implantación segundo as características da súa organización, contando coa asistencia técnica e o apoio precisos.
A estratexia da marca turística Q consiste en dotar ás empresas do sector turístico español dun sistema de xestión e mellora da calidade de productos e servicios que lles permitan crean unha vantaxe competitiva axeitada ós novos retos do mercado, e conseguir así o recoñecemento da imaxe de marca de España como destino de calidade.