La Xunta ejecuta las obras que solucionarán de forma definitiva la depuración de la isla de Ons

 MEDIO AMBIENTE, AUGAS DE GALICIA E MEDIO RURAL COLABORAN NA MELLORA DAS INSTALACIÓNS DE DEPURACIÓN NA ILLA DE ONS, EN BUEU

Medio Ambiente, Aguas de Galicia y Medio Rural colaboran en la mejora de las instalaciones de depuración en la isla de Ons, en Bueu, provincia de Pontevedra. La empresa pública de Obras y Servicios Hidráulicos financia íntegramente la ejecución del proyecto mediante la aportación de más de 223.000 euros. El archipiélago de Ons forma parte del único parque nacional de Galicia, el Parque Nacional Marítimo Terrestre de las Islas Atlánticas.

  • A Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos financia integramente a execución do presente proxecto mediante a achega económica de máis de 223.000 euros
  • As citadas obras pretenden dar unha solución definitiva ao saneamento da illa, con medidas que están encamiñadas a conseguir unha menor afección aos valores ambientais
  • O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia é o único parque nacional de Galicia e ocupa os arquipélagos de Ons, Sálvora, Cortegada e as Illas Cíes no Océano Atlántico
  •  As inmediacións presentan unha singularidade e riqueza faunística e unha variedade de formacións vexetais que constitúen un patrimonio natural e cultural de indubidable  valor científico, recretivo e educativo

 

O Consello da Xunta aprobou o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Augas de Galicia e a Consellería de Medio Rural para a mellora das instalacións de depuración na Illa de Ons, en Bueu.

A Xunta de Galicia, a través da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, financia integramente a execución do presente proxecto mediante a achega económica de máis de 223.000 euros.

As citadas obras, cuxo prazo de execución é de dous meses, pretenden dar unha solución definitiva ao saneamento da illa, con medidas que están encamiñadas a conseguir unha menor afección aos valores ambientais, reducindo ou corrixindo os efectos que se deriven da actuación así como procurar a maior integración das instalacións no seu contorno.

Na actualidade, hai unha depuradora para 250 habitantes, que funciona de forma inadecuada, dando problemas de olores e alivios. O bombeo atópase na zona máis turística da illa, polo que se considera urxente a súa solución. Deste xeito, realizarase o traslado da EDAR existente e o acondicionamento do bombeo mediante a instalación dos separadores de graxas. Ademais, é preciso prolongar a impulsión de residuais ata unha arqueta de rotura de carga e o colector de gravidade ata a nova depuradora.

O Goberno galego executa estes traballos consciente da importancia que estes teñen tanto para os habitantes da zona como para o contorno natural. O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia é o único parque nacional de Galicia e o décimo terceiro en orde cronolóxica de España.

Ocupa os arquipélagos de Ons, Sálvora, Cortegada e as Illas Cíes no Océano Atlántico.

 Por outra parte, cabe citar que o parque presenta unha singularidade e riqueza faunística e unha ampla variedade de formacións vexetais que constitúen un patrimonio natural e

Obrigas

Por unha parte, Medio Ambiente, a través de Augas de Galicia, obrígase a asumir a parte económica e contratar as obras. Tamén se encargará do control, dirección e execución das actuacións precisas e entregará o proxecto á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, órgano ao que está adscrito o parque nacional.

Por outra parte, Medio Rural debe poñer a disposición todos os terreos necesarios para a execución das obras. Ademais, asumirá de forma definitiva o proxecto, unha vez rematados os traballos.

Constituirase unha comisión de seguimento formada por un representante de cada unha das partes colaboradoras no presente acordo. No marco da mencionada comisión, resolveranse as posibles controversias que puideran xurdir na súa aplicación.

¿Y tú qué opinas de esto?