Medio Rural firma con 7 concejos coruñeses y 9 lucenses un convenio para la mejora de accesos a las explotaciones de vacuno y vinícolas

Programa Piloto de Desarrollo Rural Sostenible (PDRS)

 En total el programa cuenta con 17 millones de euros para toda Galicia, financiados a partes iguales entre la Xunta y el Ministerio

SAMUEL JUÁREZ ASINOU CON SETE CONCELLOS CORUÑESES CONVENIOS PARA A MELLORA DE ACCESOS ÁS EXPLOTACIÓNS DE VACÚN E VIÑEDO

Medio Rural firma con siete concejos coruñeses el convenio para la mejora de accesos a las  explotaciones de vacuno y viñedos. Son Melide, Santiso, Sobrado dos Monxes, Arzúa, Boimorto, Touro e Toques. El acuerdo supondrá para ellos una inversión global de más de 1,2 millones de euros.

  • O acordo, que suporá un investimento global de máis de 1,2 millóns de euros, enmárcase no Programa Piloto de Desenvolvemento Rural Sostible (PDRS)

  • O PDRS conta con 17 millóns de euros para toda Galicia, financiados ao 50% pola Consellería do Medio Rural e polo Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino

 

Santiago, 16 de outubro de 2010.- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, e polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, asinou en Santiago os convenios correspondentes ao Programa Piloto de Desenvolvemento Rural Sostible (PDRS) en materia de infraestruturas rurais con sete concellos das comarcas coruñesas de Melide e Arzúa. En concreto, os municipios asinantes hoxe foron os de Melide, Santiso, Sobrado dos Monxes, Arzúa, Boimorto, Touro e Toques.

 Nestes concellos investiranse máis de 1,2 millóns de euros para a mellora de infraestruturas rurais. Esta contía, financiada a partes iguais entre Xunta e Goberno Central, ten como finalidade a mellora das infraestruturas de acceso ás explotacións de vacún e vitivinícolas. O seu obxectivo é diminuír os custos empresariais e favorecer o tránsito de materias primas para esas explotacións, así como a saída dos produtos.

 En total son 38 as actuacións previstas no marco dos convenios asinados esta mañá; a inmensa maioría delas refírese a melloras en accesos a explotacións de vacún, correspondendo unha á mellora dun acceso a unha explotación de viñedo, en concreto no concello de Touro.

 17 millóns de investimento

O PDRS está dotado con 17 millóns de euros a repartir entre 89 concellos. Deles, 8,5 millóns son financiados pola Consellería do Medio Rural e os restantes 8,5 polo Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino (MARM). No seguinte cadro amósanse os presupostos dos concellos asinantes hoxe:

 

CONCELLO PRESUPOSTO
Melide 199.265,53 €
Santiso 155.526,08 €
Sobrado 171.938,25 €
Toques 141.167,37 €
Arzúa 236.753,43 €
Boimorto 161.316,26 €
Touro 162.594,84 €
TOTAL 1.228.561,75 €

SAMUEL JUÁREZ ASINOU CON NOVE CONCELLOS LUCENSES CONVENIOS PARA A MELLORA DE ACCESOS ÁS EXPLOTACIÓNS DE VACÚN E VINÍCOLAS

Medio Rural firma con nueve concejos lucenses convenios para la mejora de accesos a las explotaciones de vacuno y vinícolas. Para estos municipios la inversión global asciende a más de 2,3 millones de euros. Son Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Castroverde, O Corgo, Friol, Outeiro de Rei y Portomarín.

 

  • Estes acordos suporán un investimento global de máis de 2,3 millóns de euros e enmárcase no Programa Piloto de Desenvolvemento Rural Sostible (PDRS)
  • O PDRS conta con 17 millóns de euros para toda Galicia, financiados ao 50% pola Consellería do Medio Rural e polo Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino

 

Guntín (Lugo), 16 de outubro de 2010.- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, asinou na Casa Consistorial de Guntín (Lugo), os convenios correspondentes ao Programa Piloto de Desenvolvemento Rural Sostible (PDRS) en materia de infraestruturas rurais con este concello, xunto cos tamén lugueses de Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Castroverde, O Corgo, Friol, Outeiro de Rei e Portomarín.

 

Nestes municipios investirase unha cantidade que supera os 2,3 millóns de euros para a mellora de infraestruturas rurais. Esta contía, financiada a partes iguais entre Xunta e Goberno Central, ten como finalidade a mellora das infraestruturas de acceso ás explotacións de vacún e vitivinícolas. O seu obxectivo é diminuír os custos empresariais e favorecer o tránsito de materias primas para esas explotacións, así como a saída dos produtos.

 

En total son máis de un cento as actuacións previstas no marco dos convenios asinados hoxe, a meirande parte delas referidas á mellora de accesos a explotacións de vacún. Só no caso concreto de Portomarín contémplase tamén a mellora do acceso as viñas de Ribeira de Sabadelle.

 

17 millóns de investimento

O PDRS está dotado con 17 millóns de euros a repartir entre 89 concellos. Deles, 8,5 millóns son financiados pola Consellería do Medio Rural e os restantes 8,5 polo Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino (MARM). Na seguinte táboa amósanse os presupostos referidos a cada un dos concellos asinantes hoxe:

 

CONCELLO PRESUPOSTO
Antas de Ulla 199.172,67 €
Monterroso 218.966,65 €
Palas de Rei 280.676,77 €
Castroverde 262.171,73 €
Corgo, O 278.917,68 €
Friol 403.808,23 €
Guntín 300.840,48 €
Outeiro de Rei 213.655,61 €
Portomarín 192.100,80 €
TOTAL 2.350.310,62 €

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s