Los empresarios de Barbanza entregan los premios Dolmen de Ouro favorecidos por ayudas de 2,9 millones de la Xunta

JAVIER GUERRA SINALA QUE “A IMPLICACIÓN DOS EMPRESARIOS É IMPRESCINDIBLE PARA AFIANZAR UN FUTURO ECONÓMICO SOLVENTE PARA GALICIA”

 El conselleiro de Economía e Industria clausura la entrega de los premios Dolmen de Ouro de la Federación de Empresarios de Barbanza. En lo que va de año, el Instituto Gallego de Promoción Económica (Igape) apoyó la concesión de préstamos incentivables a empresas de la comarca de Barbanza por valor de 2,9 millones de euros y la movilización de 2,22 millones en inversiones empresariales.

La Xunta pone ahora a disposición de los empresarios el fondo de capital riesgo Xes-Innova, dotado con 1,65 millones, y el programa de ayudas re-Emprende, para las pymes gallegas de reciente creación

  • O  conselleiro de Economía e Industria clausura a entrega de premios o Dolmen de Ouro da Federación de Empresarios do Barbanza
  • No que vai de ano, o Igape apoiou a concesión de préstamos incentivables, a empresas da Comarca do Barbanza , por valor de 2,9 millóns de euros e a mobilización de máis de 2,22 millóns  en investimentos empresariais
  • Guerra puxo ao dispor dos empresarios do Barbanza o fondo de capital risco Xes-Innova, dotado con 1,65 millóns e o programa de axudas re-Emprende, para as pemes galegas máis novas

 Santiago, 16 de outubro de 2010.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, sinalou na entrega de premios o Dolmen de Ouro da Federación de Empresarios do Barbanza que “calquera estratexia de xestión coherente debe priorizar o apoio aos sectores clave, e sen dúbida, a implicación dos empresarios é imprescindible para afianzar un futuro económico solvente para Galicia”.

 Guerra explicou que “os emprendedores galegos necesitan apoios para eliminar as dificultades que poidan supor unha barreira á consolidación dos seus negocios, ou ben para a posta en marcha de novos proxectos”, de xeito que  “o Instituto Galego de Promoción Económica, tense convertido na ferramenta de apoio financeiro máis comprometida coas empresas galegas, con diferentes liñas de axuda para atender as súas necesidades concretas”.

 O responsable da Consellería de Economía e Industria apuntou que, no que vai de ano, o Igape apoiou a concesión de préstamos incentivables, a empresas da Comarca do Barbanza, por valor de 2,9 millóns de euros e a mobilización de máis de 2,22 millóns, en investimentos empresariais na zona.

 Ademais, conselleiro puxo ao dispor dos empresarios do Barbanza o plan de avais coas liñas re-Brote e re-Solve+, que mellora o antigo programa e prevé mobilizar investimentos por valor de 200 millóns de euros. Asemade, destacou o apoio da Consellería de Economía e Industria aos proxectos viables que nacen a través do fondo de capital risco Xes-Innova, dotado con 1,65 millóns  de euros ou do programa de axudas re-Emprende, para as pemes galegas máis novas, fornecido cun orzamento que se ten incrementado até os 3 millóns de euros.

 Para concluír, Guerra trasladou tamén o recoñecemento do Executivo galego ao gañador do Dolmen de Ouro, así como ao resto dos premiados, que “representan o espírito dinámico que caracteriza aos emprendedores do Barbanza”.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s