La Semana Auria de Ourense abre sus puertas

ROBERTO VARELA INAUGURA A SEMANA AURIA DE OURENSE COMO “UNHA APOSTA FUNDAMENTAL POLA CULTURA E POLA PROMOCIÓN E A DIVULGACIÓN DA LITERATURA”

El consejero de Cultura inaugura la Semana Auria de Ourense como «una apuesta fundamental por la cultura y la promoción y divulgación de la literatura». La iniciativa se enmarca dentro de la programación del Año del Libro y de la Lectura y del Xacobeo 2010.

 

  • O conselleiro de Cultura e Turismo asegurou que esta iniciativa, enmarcada na programación do Ano do Libro e da Lectura e do Xacobeo 2010, pretende “axudar a que agromen os novos creadores”. “Incitar á lectura, empurrar á creación, ese sería sen dúbida o mellor dos premios para nós”, afirmou
  • Segundo o conselleiro, “durante unha semana Ourense tornarase o centro de referencia da ficción histórica e Auria será o punto ao que mirarán todos os escritores, estudosos, lectores e, en definitiva, amantes do xénero”
  • Ao acto de inauguración tamén asistiron o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, o presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Luis Baltar Pumar; e o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez. O pregón correu a cargo do escritor Xosé Carlos Caneiro

 

Ourense, 10 de outubro de 2010.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela presentou esta mañá a Semana Auria da Literatura Histórica, que se celebrará ata o 17 de outubro en Ourense, enmarcada na celebración do Ano do Libro e da Lectura 2010 en Galicia e no Camiño da Reflexión do Xacobeo 2010, como “unha aposta fundamental pola cultura e pola promoción e a divulgación da literatura”.

O acto inaugural, que tivo lugar nos Xardíns do Posío, contou coa presenza do director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, o presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Luis Baltar Pumar; o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez; e o escritor Xosé Carlos Caneiro, quen pronunciou o pregón de Auria.

 Na súa intervención, o conselleiro amosou o seu desexo de que a Semana Auria “poida axudar a que agromen os novos creadores, incitar á lectura e empurrar á creación” e sinalou que “incita á lectura, empurrar á creación, ese sería sen dúbida o mellor dos premios para nós”. Do mesmo xeito, o Roberto Varela apuntou que, durante a próxima semana, Ourense “tornarase o centro de referencia da ficción histórica e Auria será o punto ao que mirarán todos os escritores, estudosos, lectores e en definitiva amantes do xénero”.

 Acerca da novela histórica, o conselleiro destacou que o talento dos seus escritores reside en “facernos viaxar no tempo con tal precisión e poder de atracción” xa que supón “unha virtude dun valor incalculable”. A este respecto, estableceu os requisitos esenciais dos creadores históricos en “posuír un enorme talento literario e investigar minuciosamente o contexto e os suxeitos sobre os que se vai escribir” que conforman dúas características da “literatura histórica de pleno dereito”.

 Para Roberto Varela, “a prosa na que conviven os feitos históricos coa ficción literaria, é dalgunha forma, case tan antiga como a escritura” e que nutre á literatura universal “cunha cantidade de obras dunha extraordinaria calidade e abraiante pluralidade”. Neste sentido, o conselleiro concluíu cunha invitación a participar “activamente no fascinante mundo da novela histórica, a que camiñen por tempos pasados, a que paseen por prosas esmeradas e brillantes”. “Convídolles a que desde hoxe en Auria reduzan ao seu antollo a distancia dos séculos”, engadiu.

 Programa de primeiro nivel

A Semana Auria ten como obxectivos divulgar o xénero de literatura histórica e as súas novidades máis importantes para o último trimestre de 2010 e o primeiro semestre de 2011, dar a coñecer ao público aos autores máis prestixiosos e tamén descubrir os novos valores, coa organización de debates e mesas redondas sobre historia e literatura. O seu programa xunta escritores de merecida sona como Juan Eslava Galán, Luis García Mañá, Manolo Rivas, Carlos Reigosa, Xosé Carlos Caneiro, César Vidal, Manuel Pimentel ou Antonio Gala, que estará en Ourense na xornada de clausura.

 Auria aposta pola participación de todos os afeccionados á lectura. Así, serán os lectores quen outorguen o título de I Novela Inmortal neste certame. Ben a través do voto en urna na Feira do Libro ben a través do seu portal web oficial http://auria.xacobeo.es/. Os dez títulos propostos para o título de I Novela Inmortal, outorgado polos lectores, son:  Memorias de Adriano de  Maguerite Yourcenar; Trafalgar de Benito Pérez Galdós; Quo vadis? de Henri Sinkiewicz; Espartaco de  Howard Fast; Crónica del rey pasmado de Gonzalo Torrente Ballester; Eu, Claudio de Robert Graves; A morte de Virxilio de Hermann Broch; A marcha Radetzky de Joseph Roth; De noite baixo a ponte de pedra de Leo Perutz; e A batalla de Patrick Rambaud. A gañadora será homenaxeada co descubrimento dun monolito e placa na Praza Bispo Cesáreo da cidade, o domingo de clausura de Auria.

 ‘Encontro co autor’ posibilitará compartir mesa con algúns dos destacados escritores como Manolo Rivas, o luns 11 de outubro; Juan Eslava Galán, o martes 12; Alberto Vázquez-Figueroa, o mércores 13; José Luis Corral Lafuente, o xoves 14; e César Vidal o sábado 16. Todas as citas serán ás 17:00 horas na Feira do Libro.

 Asemade, os Xardíns do Posío serán o emprazamento da Feira do Libro. As librarías, en doce espazos, amosarán e porán á venda volumes do xénero e de materias relacionadas. Diversas editoras tamén disporán de vitrinas expositivas para os seus títulos; mentres que a Praza do Lector, situada no centro da Feira do Libro, acollerá presentacións e sinaturas por parte dos escritores. 

¿Y tú qué opinas de esto?