El Tempus, primer autobús híbrido de propulsión diesel-eléctrico de España realizado con tecnología gallega

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA O DESENVOLVEMENTO DO PRIMEIRO AUTOBÚS HÍBRIDO DE PROPULSIÓN DIESEL-ELÉCTRICO DE ESPAÑA CON TECNOLOXÍA GALEGA

El gobierno gallego apoya el desarrollo del primer autobús híbrido de propulsión diesel-eléctrico de España realizado con tecnología gallega

 

  • Javier Guerra visitou a planta central da carroceira galega Castrosúa, onde puido coñecer de primeira man o Tempus, distinguido como ‘Autobús do ano’ en 2009
  • O conselleiro de Economía e Industria lembra que “o Goberno da Xunta traballa co obxectivo de impulsar proxectos de innovación capaces de xerar valor e diferenciar á industria galega polo desenvolvemento de novas tecnoloxías: orixinais, eficaces e sustentables”
  • A fórmula híbrida do vehículo complétase con outras innovacións que o habilitan especialmente para circular por cascos históricos e outras zonas sensibles das cidades

 

Santiago, 8 de outubro de 2010.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, visitou hoxe as instalacións da empresa carroceira Castrosúa para coñecer, de primeira man, o Tempus, primeiro autobús híbrido de propulsión diesel-eléctrico español, fabricado en Galicia, co apoio da Dirección Xeral de I+D+i da Xunta.  

 Guerra destacou que “o esforzo innovador de compañías coma Castrosúa avalan a capacidade de Galicia para colocarse á cabeza de España no desenvolvemento de vehículos cada vez menos dependentes dos combustibles fósiles”.

 O conselleiro que percorreu a sede central da empresa, acompañado do director xeral de I+D+I, Ricardo Capilla, e reiterou o compromiso do Goberno galego co impulso do vehículo eléctrico, dentro da estratexia da Consellería de Economía e Industria para acadar un “novo modelo de mobilidade sostible e eficiente para Galicia”.

 Neste sentido, o Conselleiro lembrou que, ao abeiro deste novo Plan de Mobilidade, Galicia será a primeira comunidade autónoma que conte cun decreto que regule, a nivel técnico, os puntos e infraestruturas de recarga de baterías.

 Ademais, o responsable da Consellería de Economía e Industria, destacou que a aposta por unha mobilidade “eficiente dende o punto de vista enerxético” inclúe o apoio a “proxectos innovadores solventes, capaces de xerar valor”, en referencia ao Tempus  desenvolvido por Castrosúa, co apoio económico da Xunta.

 Este modelo pioneiro é un autobús con tracción eléctrica, capaz de circular con cero emisións contaminantes, durante determinados períodos de tempo; que coa fórmula híbrida (tracción híbrida diesel-eléctrico) conseguiu o obxectivo de reducir ao máximo o impacto ambiental.

 En 2009 o autobús foi probado polos principais operadores de transporte de España (en grandes cidades como Madrid ou Barcelona), o que garante que estará en circulación, en servizos regulares de pasaxeiros, antes de finalizar 2010 .

 O éxito destas probas valeulle ao Tempus o galardón ‘Autobús do ano’, concedido polas principais empresas e organismos do sector en España. Ademais, a empresa conseguiu por este produto o ‘Red Dot Desing Award 2009’, un premio internacional de deseño e negocio no que Castrosúa logrou impoñer o seu novo autobús a 3.231 propostas de medio cento de países.

 Ademais, con este proxecto logrouse a redución do ruído; o aumento do confort e a seguridade dos pasaxeiros; un considerable recurte no consumo de enerxía (cun aforro do 30% sobre un vehículo diesel convencional); a optimización da fiabilidade e duración dos compoñentes; o uso de materiais reciclables e reutilizables; e, sobre todo, unhas condicións de reducido tamaño e maior maniobrabilidade especialmente indicadas para a circulación en cascos históricos e outras zonas sensibles das cidades.

 Javier Guerra concluíu a visita á compañía Castrosúa lembrando que “o Goberno da Xunta traballa co obxectivo de impulsar proxectos de innovación capaces de xerar valor e diferenciar á industria galega polo desenvolvemento de novas tecnoloxías: orixinais, eficaces e sustentables”. 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s