El sector pesquero gallego formará una cadena para reutilizar los residuos

A iniciativa encádrase no proxecto BIOTECMAR, no que a Fundación participa xunto a outras once institucións e centros de investigación

Una original iniciativa que se encuadra en el proyecto BIOTECMAR, en el que la Fundación participa junto a otras 11 instituciones y centros de investigación

 O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR PRESENTA A BOLSA DE SUBPRODUTOS DE ORIXE MARIÑO NO MARCO DA FEIRA CONXEMAR

El Centro Tecnológico del Mar presenta la bolsa de subproductos de origen marino en el marco de la Feria Conxemar. Se trata de un nuevo servicio de comunicación del sector pesquero, dirigido a poner en contacto empresas que generan residuos y subproductos con otras que pueden utilizar esos mismos residuos como materia prima o auxiliar

  •  Trátase dun servicio de comunicación novo no sector pesqueiro destinado a pór en contacto empresas que xeran residuos e subprodutos con outras que poden utilizalos como materia prima ou auxiliar

 Vigo, 6 de outubro 2010.-  O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR presentou no marco da feira Conxemar a Bolsa de Subprodutos de Orixe Mariño, un servicio de comunicación destinado a pór en contacto empresas que xeran residuos e subprodutos con outras que poden utilizalos como materia prima ou auxiliar.

Esta iniciativa, similar a outras bolsas que xa funcionan noutros sectores industriais, é nova no ámbito pesqueiro. Trátase dunha ferramenta gratuíta, anónima e confidencial deseñada no marco do proxecto BIOTECMAR, no que o CETMAR participa xunto a outras once institucións e centros de investigación de España, Portugal, Francia e Irlanda.

 Nun acto celebrado no stand da Consellería do Mar, Julio Maroto Leal, coordinador da área de Tecnoloxía dos Produtos Pesqueiros da Fundación CETMAR, presentou a Bolsa de Subprodutos de Orixe Mariño, as súas características, así como as súas repercusións e beneficios. Entre as virtudes deste novo sistema citou o promocionar a reciclaxe e minimizar o impacto ambiental ou “proporcionar ás compañías un medio de reducir custos e mellorar a súa competitividade, reducindo os seus gastos na xestión dos residuos xerados polas súas actividades”.

 Maroto recordou que todas as actividades industriais xeran subprodutos provenientes das materias primas de partida. “A súa non adecuación ás necesidades do proceso no que se xeran converten a estes produtos en elementos infrautilizados a pesar do valor potencial que teñen”, afirmou.

 Os subprodutos pesqueiros en xeral son ricos en moléculas e compostos con aplicabilidade industrial (xelatinas, coláxenos, aceites omega 3, etc.) que de feito xa existen no mercado. O feito de que actualmente non se aproveiten en Galicia e en xeral na península débese á ausencia de empresas especializadas na valorización.

 A Bolsa de Subprodutos presentada hoxe en CONXEMAR atópase nos seus  comezos,  aínda que goza do soporte informático necesario. A súa valía a medio prazo dependerá do interese suscitado nas empresas do sector e do eco social que alcance. Trátase dunha iniciativa encadrada no proxecto BIOTECMAR, que ten por obxectivo fundamental crear unha cadea integrada para a produción de compostos de alto valor engadido a partires dos recursos mariños atlánticos.

 Biotecmar

 Coordinado pola Universidade de Bretaña Occidental, en BIOTECMAR participan doce socios de catro países europeos –Portugal, España, Francia e Irlanda-, dos que oito son centros de investigación e catro centros de transferencia. Entre eles están, ademais do Centro Tecnolóxico do Mar, o Museum National d’Histoire Naturelle (MNHN); Technopol Quimper Cornouaille; Universidade de Nantes e IFREMER de Francia, así como o Irish Seaweed Centre e Índigo Rock Marine Research Centre de Irlanda; IPIMAR e NET-Novas Empresas e Tecnoloxías, S.A. de Portugal e o Instituto de Investigaciones Marinas-CSIC.

 Na feira Conxemar volverá a falarse de BIOTECMAR nun acto que baixo o título de “Dúas iniciativas ao servicio da sustentabilidade dos nosos mares” terá lugar o xoves a partires das 11.30 horas.

Será na sala Daniel Rodríguez Castelao, onde ademais  presentarase o proxecto FAROS, que ten como obxectivo axudar as flotas a cumprir as políticas da Unión Europea denominadas de “non descartes” ou “cero residuos”. Trátase dunha iniciativa liderada polo Instituto de Investigaciones Marinas-CSIC e desenvolvida por un consorcio do que, xunto ao Centro Tecnolóxico do Mar, forman parte o Instituto Español de Oceanografía (IEO); a Autoridade Portuaria de Vigo; o Centro de Supercomputación de Galicia e o Instituto de Investigaçao das Pescas e do Mar (IPIMAR) de Portugal.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s