Os populares agardan que se localice aos autores dos atentados en Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas para que rindan contas ante a Xustiza e deixen de atemorizar aos que pensan de forma diferente. – Los poulares aguardan que se localice a los autores de los atentados ocurridos hoy en Salvaterra de Miño y Salceda de Caselas para que rindan cuentas ante la Justicia y dejen de atemorizar a los que piensan de forma diferente.
O PPdeG quere mostrar o seu apoio solidadaridade co PSOE en Galicia ante ataques inxustificados e inxustificables – El PPdG quiere mostrar su apoyo y solidaridad con el PSOE en Galicia ante los ataques «injustificados e injustificables»
- Os populares móstrase convencidos de que ataques desta natureza á liberdade de expresión e política son rexeitados pola inmensa maioría da sociedade galega
- O PPdeG quere lembrar ós culpables que as diferenzas políticas dimírense debatendo e non incendiando locais
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2010.- O Partido Popular de Galicia condena rotundamente os ataques realizados no día de hoxe contra as sedes do Partido Socialista en Salvaterra do Miño e Salceda de Caselas (ambas en Pontevedra), por parte duns descoñecidos que empregaron cócteles molotov. O PPdeG quere, por tanto, mostrar o seu apoio e solidaridade co PSOE en Galicia ante ataques inxustificados e inxustificables.
Os populares galegos móstranse convencidos de que este tipo de ataques á liberdade de expresión, que poden poñer en perigo a integridade das persoas, son rexeitados pola inmensa maioría dos galegos, e que non poden ter cabida nunha sociedade que se pretende civilizada e avanzada.
O PPdeG espera que os de hoxe sexan os últimos ataques deste tipo que teñan lugar en Galicia e en España, e que se localicen canto antes ós autores destos atentados para que rindan contas ante a Xustiza e deixen de atemorizar ós que pensan de forma diferente.
CONDENA TAMBIÉN DE LA XUNTA DE GALICIA
A XUNTA CONDENA O ATAQUE CONTRA A SEDE DO PSdeG EN SALVATERRA DE MIÑO
Santiago, 28 de setembro de 2010.- O Goberno galego condena o ataque rexistrado esta noite pasada contra a sede do Partido Socialista en Salvaterra de Miño, sede situada na Avenida Castelao do municipio pontevedrés, que sufriu o lanzamento dun cóctel-molotov que non chegou a explotar.
A Xunta de Galicia rexeita todo tipo de actuacións violentas que, coma esta ou a ocorrida recentemente contra a sede do Partido Socialista na Estrada, tratan de impedir unha convivencia pacífica e que, ademais dos graves danos materiais que poden ocasionar, perturban a vida das persoas.