CULTURA E TURISMO PROMOVE A PRODUCIÓN EDITORIAL GALEGA NA FEIRA LIBER-BARCELONA
La Xunta promueve la producción editorial gallega en la feria Liber-Barcelona
- A Consellería de Cultura e Turismo participará na XXVIII edición da feira internacional Liber Baercelona, do 29 de setembro ao 1 de outubro, cun stand compartido coa Asociación Galega de Editores.
- Un total de 22 editoriais galegas presentarán as súas novidades neste espazo de máis de 50 m2 de superficie, aberto a todos os interesados no libro galego.
Santiago, 27 de setembro de 2010.- A Consellería de Cultura e Turismo participará na Feira Internacional do Libro – Liber, que nesta edición número 28 terá lugar no recinto feiral Fira Barcelona os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro cun stand de máis de 50 m2 onde estarán representadas un total de 22 editoriais galegas.
O stand, compartido coa Asociación Galega de Editores, foi deseñado como un espazo aberto a todos os interesados no libro galego, e nel terá especial relevancia a conmemoración do Ano do Libro e da Lectura en Galicia. A representación institucional en Barcelona correrá a cargo do director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López.
O ámbito editorial galego estará representado no stand polas editoriais galegas El Patito Editorial, Alvarellos Editora, Editorial Netbiblo, Edicións Tambre, Edicións Xerais de Galicia, Rodeira, Editorial Toxosoutos, Edicións Laiovento, Ir Indo Edicións, Kalandraka Editora, Ediciones Linteo, Hércules de Ediciones, Edicións Embora, Andavira Editora, Baía Edicións, Nova Galicia Edicións, Ideaspropias Editorial, Rinoceronte Editora, Editorial Galaxia, Biblos Clube de Lectores, OQO Editora, Editorial Everest.
Ano do Libro e da Lectura 2010
A Consellería de Cultura e Turismo promove a presenza do libro galego nas feiras nacionais e internacionais como un dos eixes fundamentais do Ano do Libro e da Lectura 2010. Neste sentido, a Xunta de Galicia é consciente da importancia e do valor estratéxico do libro para a expresión do dereito á creación e para a promoción e divulgación da cultura.
Por iso lle ofrece o seu apoio decidido e irrenunciable, dado que o libro constitúe un instrumento fundamental para a difusión da nosa cultura e a nosa lingua, do seu desenvolvemento e da súa presenza exterior. Deste xeito acádase unha forte presenza do libro galego e un estímulo á lectura máis palpable.
Prólogo de Frankfurt
A Feira Liber altérnase cada ano entre Madrid e Barcelona e é considerada unha feira preparatoria para a Feira Internacional de Frankfurt que vai ter lugar apenas unha semana despois, a partir do 6 de outubro. É unha feira de carácter profesional e técnico orientada para o mundo da edición en xeral.
A Feira Internacional do Libro de Frankfurt é o evento editorial europeo máis importante. Os temas de actualidade no mundo editorial cobran importancia nos talleres, conferencias e seminarios. Cuestións como cales son os modelo de negocio futuros na edición ou como fará diñeiro esta industria na era dixital son algúns dos temas a debate que marcarán o devir da industria e nos que Galicia estará presente.
[…] Autor:https://asturgalicia.wordpress.com/2010/09/27/la-literatura-gallega-participara-en-la-feria-internaci… […]
Me gustaMe gusta