Feijóo promete 4.500 nuevas plazas de Educación Infantil en Galicia para 2013

O presidente do Goberno galego, que visitou hoxe a Escola Infantil de Barro, asegura que a creación en 16 meses de 2.000 novas prazas pon de manifesto que esta iniciativa non é só un compromiso político senón que é “unha realidade tanxible nos pobos e concellos de Galicia”  

El presidente del gobierno gallego, que visitó hoy la Escuela Infantil de Barro, asegura que la creación en 16 meses de 2.000 nuevas plazas de Infantil pone de manifiesto que esta iniciativa «no es sólo un compromiso político, sino una realidad que puede constatarse en los pueblos y municipios de Galicia» 

FEIJÓO PRIORIZA A EDUCACIÓN INFANTIL CON 4.500 NOVAS PRAZAS ATA 2013 A PESAR DOS RECORTES PRESUPOSTARIOS DO GOBERNO CENTRAL

 FEIJÓO DA PRIORIDAD A LA EDUCACIÓN INFANTIL CON EL COMPROMISO DE CREAR 4.500 NUEVAS PLAZAS HASTA 2013, A PESAR DE LOS RECORTES PRESUPUESTARIOS DEL GOBIERNO CENTRAL

  • “Somos conscientes de que un pobo como o noso, que ten un grave problema estrutural como é o envellecemento da poboación, ten que priorizar todas as facilidades para que os pais poidan compatibilizar o horario laboral co coidado dos seus fillos”, di
  • Subliña que desde que o novo Executivo chegou á Xunta,  Galicia conta cun 27% máis de prazas públicas financiadas con fondos públicos

 Barro, 27 de setembro de 2010.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo,  afirmou esta mañá, durante a visita á Escola Infantil de Barro, que a pesar dos recortes presupostarios do Goberno central, a Educación Infantil é para o Goberno galego unha prioridade e garantiu, así, a creación de 4.500 novas prazas de escola infantil ata 2013. “Queremos –dixo- que todos os rapaces de 0 a 3 anos teñan unha oportunidade dunha escola infantil financiada con fondos públicos. E ese é o obxectivo que vamos a perseguir”.

 Neste sentido, afirmou que os obxectivos se están a cumprir conforme ao previsto, “xa que, desde setembro de 2009 ata xaneiro de 2011, estamos poñendo a funcionar 2.000 novas prazas en escolas infantís. Neste primeiro ano –setembro de 2009 ata setembro de 2010- levamos, xa, 1.500 prazas novas e, nos próximos meses, -concretou- poñeremos en marcha outras 500”.

 Para o presidente do Executivo galego, a creación en 16 meses de 2.000 novas prazas pon de manifesto que esta iniciativa non é só un compromiso político senón que é “unha realidade tanxible nos pobos e concellos de Galicia”. “Somos conscientes de que un pobo como o noso, que ten un grave problema estrutural como é o envellecemento da poboación, ten que priorizar todas as facilidades para que os pais poidan compatibilizar o horario laboral co coidado dos seus fillos; e por iso vamos a conquerir conforme ao previsto que no ano 2013 teñamos 4.500 novas prazas funcionando”.

 Feijóo, que garantiu deste xeito que a crise económica non afectará á Educación Infantil, destacou que “Galicia conta cun 27% máis de prazas públicas financiadas con fondos públicos desde que chegamos ao Goberno, o que significa –reiterou- que si seguimos a este ritmo cumpriremos co obxectivo: 4.500 prazas de escolas infantís ata o ano 2013”.

¿Y tú qué opinas de esto?