UNHA DELEGACIÓN BRASILEIRA ESCOLLE VISITAR GALICIA POLA EXPERIENCIA E BOA PRÁCTICA NA XESTIÓN DOS PROGRAMAS EUROPEOS DE COOPERACION TERRITORIAL
Una delegación brasileña escoger visitar Galicia por los buenos resultados obtenidos en la gestión de los programas europeos de cooperación territorial
- A comitiva comezará hoxe a súa estadía en Galicia e será recibida pola conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás
- Propiciarase un intercambio de información, experiencias e prácticas en materia de política de cohesión europea
- Os participantes realizarán visitas in situ a proxectos de cooperación transfronteiriza na zona Galicia- Norte de Portugal
Santiago, 27 de setembro de 2010.- Unha delegación brasileira visitará Galicia a partir de hoxe luns e durante dous días para coñecer in situ a súa experiencia e boa práctica na xestión dos programos europeos de cooperación territorial, motivos polos que esta comitiva sudamericana decidiu escoller esta comunidade.
Os participantes serán recibidos mañá pola conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, e durante a súa estancia aquí, o director xeral de Planificación e Fondos, Javier Rodríguez Seijo, actuará como anfitrión.
A delegación afondará no coñecemento das políticas de cohesión europeas como medio para promover un desenvolvemennto rexional equilibrado. Así, os participantes visitarán proxectos de cooperación territorial cofinanciados pola Unión Europea e intercambiarán información, experiencias e práctica neste ámbito.
O grupo composto por cinco membros pertencentes ás meso- rexións de Alto Simoneo, Vale do Rio Acre e Gran Fronteira Mercorsur aproveitará a súa visita para afondar no coñecemento da cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal escollida pola Comisión Europea polos numerosos exemplos de éxito no campo da política de cooperación territorial.
Actividades durante a visita
Dentro do programa previsto, realizaranse ponencias de carácter técnico nas que se fará unha presentación dos programas de cooperación territorial levados a cabo con fondos comunitarios, do programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España- Portugal 2007- 2013 (POCTEP), da exposición de proxectos do Laboratorio Ibérico de Nanotecnoloxía de Braga (Portugal) e do parque natural Xurés- Geres, entre outros.
Ademais, a delegación brasileira visitará in situ proxectos de cooperación transfronteiriza na zona Galicia- Norte de Portugal. Nestas acudirase as instalacións do proxecto COFROEM (Fomento e optimización de recursos materiais e de formación dos servizos de emerxencia e de salvamento) en Xinzo de Limia e Verín (Ourense); a presentación dos proxectos creados con financiamento europeo en Verín e Chaves (Portugal); e tamén a exposición dos proxectos EUROCIDADE Verín- Chaves.