Arranca la primera macroregión del suroeste de Europa

GALICIA LIDERARÁ OS AMBITOS LABORAIS E EDUCATIVOS DA PRIMEIRA MACRORREXION DO SUROESTE DE EUROPA

 Galicia liderará los aspectos laborales y educativos de la primera macroregión del suroeste de Europa

  • A macrorrexión, que afectará a 9.2 millóns de habitantes e 156.000 km cadrados, presentarase en Bruxelas, no decurso dos Open Days, que terán lugar do 5 e ao 7 de outubro de 2010
  • La macroregión, que englobará a 9,2 millones de habitantes y 156.000 km cuadrados, se presentará en Bruselas en el transcurso de los Open Days, que tendrán lugar del 5 al 7 de octubre de 2010

 Santiago, 26 de setembro de 2010.- A comunidade autónoma de Galicia liderará os ámbitos laborais, educativos, universitarios e de investigación na macrorrexión “Rexións do suroeste europeo” (RESOE), que está formada por Galicia, Castilla y León e a Rexión Norte de Portugal e que se materializou o pasado 17 de setembro en Valladolid, onde se sentaron as bases para a súa constitución, coa firma dun memorando de entendemento por parte dos tres presidentes.

 A divulgación da Macrorrexión RESOE farase nun primeiro tempo a nivel técnico, con presentacións en organizacións rexionais europeas (no mes de setembro de 2010 no Arco Atlántico e na Asemblea Xeral da Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas, en outubro na Asemblea de Rexións Fronteirizas de Europa) e perante a Comisión Europea (Dirección Xeral de Política Rexional) e o Comité das Rexións, no decurso dos Open Days, que terán lugar do 5 e ao 7 de outubro de 2010 en Bruxelas.

 A macrorrexión RESOE estará presidida de forma conxunta e simultáneas polos presidentes das rexións membros dela. Ademais, existe un Comité de seguimento que creará grupos de traballo nos vindeiros dous meses para estes ámbitos e que este ano estará presidio polo conselleiro de Presidencia. Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda. Cada rexión coordinará dous grupos: Galicia o fará cos do ámbito laboral e educación, universidades e investigación.

 As partes asinantes deste memorando fundamentan a constitución desta macrorrexión nunha nova dimensión política de relacións intergobernamentais, interrexionais e de cohesión territorial europea.

Estas rexións basean o novo marco de cooperación na constatación de que comparten recursos e intereses comúns así como problemas e posibilidades de solución conxunta con potenciais creacións de economías de escala e valor engadido, xa que esta escala macrorrexional resulta axeitada para a implantación de determinadas políticas, especialmente nos campos da economía do coñecemento e a sociedade dixital, o medio ambiente, o emprego, a cultura ou o turismo.

Más de 9 millones de habitantes 

A creación da macrorrexión é unha alianza estratéxica que afectará a 9.2 millóns de habitantes e 156.00 km cadrados, e que resolverá de xeito conxunto problemas comúns, en materias fundamentais como a economía e industria; educación, universidades e investigación; laboral; medio ambiente; cultura e turismo; e, transportes e loxística.

 Esta alianza o que busca  é que as políticas públicas sexan máis eficientes, cunha mellor coordinación das institucións e recursos existentes. Cando se asinou o Memorando de constitución desta macrorrexión en Valladolid demandouse conxuntamente un incremento dos fondos comunitarios destinados á cooperación territorial.

 As macrorrexións son espazos fundamentais que non recoñecen fronteiras administrativas e que intentan resolver de xeito conxunto problemas comúns. Son instrumentos políticos innovadores que responden cun enfoque pragmático á necesidade de encontrar novas fórmulas para que as políticas públicas sexan máis eficientes,cunha mellor coordinación das institucións e recursos existentes.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s