Peregrinación a Santiago de cien personas con parálisis cerebral

BENESTAR APOIA A PEREGRINACIÓN DUN CENTO DE PERSOAS CON PARÁLISE CEREBRAL QUE PERCORRERON O CAMIÑO DESDE A FRONTEIRA CON PORTUGAL

 La Xunta apoya la peregrinación de un centenar de personas con parálisis cerebral que recorrieron el camino desde la frontera con Portugal

  • A directora xeral de Dependencia e Autonomía Persoal, Coro Piñeiro, recibiu hoxe en Santiago aos máis de cen membros de Aspace-Galicia que realizaron esta parte do Camiño portugués

 Santiago, 26 de setembro de 2010.- A directora xeral de Dependencia e Autonomía Persoal, Coro Piñeiro, recibiu hoxe en Santiago aos máis de cen membros e familiares da Federación Galega de Parálise Cerebral (Aspace-Galicia) que despois de facer unha peregrinación de seis días- percorreron 110 quilómetros desde a fronteira con Portugal seguindo a ruta do Camiño portugués- chegaron á Praza do Obradoiro.

 A responsable da área autonómica destacou que unha das liñas de atención prioritaria para o Goberno galego é a atención especializada deste colectivo nos servizos sociais e, ao respecto, recordou que a Xunta puxo en marcha recentemente 14 novas prazas públicas para respiro familiar na provincia de Pontevedra.

 Así mesmo, Piñeiro destacou “o gran esforzo” que está a facer a Xunta no eido da atención ás persoas con discapacidade ao resaltar que “a promoción dos dereitos deste colectivo e a garantía de igualdade de oportunidades constitúen o núcleo básico da nosa política social”.

 Neste intre, a directora xeral de Dependencia lembrou que o Plan Integral para Persoas con Discapacidade recolle precisamente esta premisa. Trátase  dun documento que marcará a ruta dun traballo integral e coordinado con políticas integrais que promovan a igualdade de oportunidades real e efectiva destas persoas. A Xunta está a ultimar o documento definitivo que presentará en breve, despois de traballar varios meses man a man coas entidades e colectivos implicados na discapacidade para consensuar as medidas que inclúe.

 Entre outras accións, o plan incluirá o primeiro Plan de Emprego para Persoas con Discapacidade, “porque a nosa intención é favorecer a inserción laboral das persoas con discapacidade”, resaltou Piñeiro.

 Así mesmo, Piñeiro lembrou que o Plan Integral para as Persoas con Discapacidade naceu cun “carácter innovador” polo seu obxectivo de incidir na mellora da calidade de vida deste colectivo, indo máis alá do seu ámbito persoal, xa que foi a primeira vez que este documento desenvolveuse en colaboración con todas as entidades implicadas neste sector e con todos os departamentos autonómicos, co fin de achegar solucións non só no eido físico ou psíquico de xeito individual, senón do conxunto da sociedade.

¿Y tú qué opinas de esto?