Ópera para niños en A Coruña

A ÓPERA PARA NENOS ‘LIVIETTA E TRACOLLO’ DO CICLO XACOBEO CLASSICS PODERÁ VERSE ESTA FIN DE SEMANA NA CORUÑA

La ópera para niños ‘Livietta e Tracollo’ del ciclo Xacobeo Classics podrá verse este fin de semana en A Coruña

  •  A obra, que se estrea en Galicia con dúas funcións na cidade herculina, visitará despois os escenarios de Santiago, Monforte, Viveiro, Ferrol, Cangas e Ribadeo.
  • A obra de Giovanni Batista Pergolesi foi adaptada para ser gozada por maiores e pequenos, trasladando a acción ao Polo Sur.

 A Coruña, 24 de setembro de 2010.- Xacobeo 2010 presentou esta mañá na Coruña a ópera Livietta e Tracollo, de Giovanni Battista Pergolesi, que foi adaptada para poder ser gozada en familia e que se poderá ver por primeira vez mañá sábado e o domingo ás 19.00 horas no Teatro Colón Caixa Galicia da cidade herculina. Despois, esta obra do ciclo Xacobeo Classics estará en xira ata finais do mes de outubro, visitando os escenarios de Santiago de Compostela, Monforte de Lemos, Viveiro, Ferrol, Cangas e Ribadeo.

 Á presentación desta ópera asistiu o director artístico do ciclo Xacobeo Classics, César Wonenburger, que estivo acompañado do director de escena, Xosé Manuel Rabón, e dos protagonistas de Livietta e Tracollo.

A produción, incluída dentro da programación do Camiño Infantil de Xacobeo 2010, é a terceira do ciclo Ópera en familia da compañía Bengala Producións, onde é fundamental a asistencia de nenos e mozos acompañados de adultos, de maneira que o evento sexa o xermolo dunha comunicación enriquecedora entre a familia. O primeiro título foi Bastián e Bastiana, espectáculo estreado en 2006, e o segundo Historia do Soldado, en 2007.

 A adaptación de Livietta e Tracollo presentada esta mañá realiza unha transposición do libreto orixinal de Pergolesi, compositor napolitano do Barroco do cal se celebra o trescentos aniversario do seu nacemento, conservando os elementos básicos da argumentación, travestismo e engano, como principios do xogo escénico, ao mesmo tempo que se traslada a acción ao Polo Sur, convertendo as personaxes en pingüíns e osos situados nun hábitat que precisa de coidados urxentes ante o quecemento global.

O obxectivo é ofrecer aos nenos dunha maneira didáctica unha imaxe positiva da defensa do medio ambiente.

Representacións

Despois do seu paso pola Coruña esta fin de semana, a obra poderá verse o 30 de setembro e o 1 de outubro no Teatro Principal de Santiago de Compostela ás 18.00 horas.

A seguinte actuación será no Auditorio de Monforte de Lemos, onde Livietta e Tracollo se representará o día 8 de outubro ás 20.30 horas. En Viveiro será ao día seguinte, 9 de outubro, ás seis da tarde no Teatro Pastor Díaz. O Teatro Jofre de Ferrol acollerá o espectáculo de Bengala Produccións o día 24 de outubro ás 18.30 horas.

As dúas últimas representacións desta xira serán no Auditorio Municipal de Cangas, o 30 de outubro ás 19.00 horas, e o 31 de outubro no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo, ás 18.30 horas.

 As entradas para as funcións da Coruña poden adquirirse xa a través das canles de venda de Caixa Galicia.

 REPARTO

 JULIA CEA (soprano)

MIGUEL RIVAS (barítono)

QUINTETO DE CORDA

Concertino: Ernesto Fidel Díaz

Deseño Escenografia e Vestiario        XOSÉ MÉNDEZ              

Deseño Gráfico                                    ISABEL SANJURJO

Realización Escenografía                     ESCENOSET         

Realización Vestiario                            PILAR SALVADO

                                                              NOEMI G. FIANJO

Adaptación musical                            JOAM TRILLO

Produción Executiva                          SUSANA LONGUEIRA         

Dirección de Escena                           XOSÉ M. RABÓN

¿Y tú qué opinas de esto?