Obras de mejora de la seguridad vial en la carretera de As Neves

A XUNTA DE GALICIA ADXUDICA AS OBRAS DE MELLORA DE SEGURIDADE NA ESTRADA PO-415, NO CONCELLO DAS NEVES, POR MÁIS DE UN MILLÓN DE EUROS

La Xunta de Galicia adjudica las obras de mejora de seguridad vial en la carretera PO-415, concejo de Neves, por más de un millón de euros

 

  • Os traballos, que se realizarán en dúas fases, resolverán as carencias existentes nesta estrada
  • As obras darán servizo a máis de 17.480 veciños das localidades pontevedresas de Salvaterra de Miño, As Neves e Arbo
  • O proxecto terá un prazo de execución de 12 meses

 

Santiago, 24 de setembro de 2010.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio, Ambiente, Territorio e Infraestruturas, anunciará a adxudicación por máis de un millón de euros as obras de mellora de seguridade vial na estrada As Neves- As Neves (PO- 415), no termo municipal das Neves.

Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do Programa operativo Feder Galicia e no Programa Operativo Cooperación Transfronteriza España-Portuga (POCTEP) 2007-2013, que se encargarán do 75% do importe total da actuación.

O obxectivo do proxecto é proceder á urbanización ao Plan de Baixa Intensidade Media Diaria (IMD) a PO-415 e acondicionar a estrada para reforzar e mellorar a súa seguridade vial. A mellora integral desta estrada tamén coñecida como Variante das Neves, ao seu paso polo concello de As Neves é unha das actuacións máis salientables na provincia de Pontevedra.

Actuacións

O acondicionamento desta estrada mellorará substancialmente a seguridade vial da zona, posto que se -levará a cabo a construción de beirarrúas e aparcadoiros en determinados puntos, cos que se resolverán as carencias deste tramo. Nestes momentos, o vial carece incluso de beiravías e os cruzamentos de estradas teñen unha visibilidade que se debe mellorar, xa que xera riscos para os peóns que son os usuarios de servizos públicos existentes na zona, tales como o colexio e a praza de abastos.

A execución das obras levarase a cabo en dúas fases. Na primeira, no treito interurbano, realizarase unha renovación integral do firme, mentres que no treito urbano, realizaranse beirarrúas dun metro oitenta a ambos lados da calzada e unha zona de aparcamento. Tamén haberá unha glorieta de dous carrís, de catro metros cada un e dúas beiravías dun metro cada unha.

O prazo de execución das obras será de 12 meses. Esta adaptación beneficiará aos veciños das vilas pontevedresas de Salvaterra de Miño, As Neves e Arbo, polo que darán servizo a máis de 17.480 habitantes.

¿Y tú qué opinas de esto?