El Ejecutivo gallego dota de control medioambiental al sistema de abastecimiento de aguas

A través de 25 indicadores avaliarase a sostibilidade ambiental dos sistemas de abastecemento galegos – A través de 25 indicadores se garantizará la sostenibilidad ambiental de los sistemas gallegos de abastecimiento

AUGAS DE GALICIA ADXUDICA A REALIZACIÓN DUN SEGUIMENTO AMBIENTAL DO PLAN AUGA POR UN IMPORTE DE MÁIS DE 477.000 EUROS

Aguas de Galicia adjudica la realización de un seguimiento ambiental del Plan Agua por un importe de más de 477.000 euros

 

  • Un total de 248 estacións depuradoras serán avaliadas para comprobar se as súas instalacións permiten garantir un subministro de auga de calidade
  • A primeira fase dos traballos levarase a cabo durante os próximos 2 anos

 Santiago, 24 de setembro de 2010.- O organismo Augas de Galicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de adxudicar o contrato para o  seguimento ambiental do Plan Auga, por un importe de 477.012,23 €. Este traballo, que comezará nos próximos días é vital para vincular a xestión e distribución dos recursos hídricos co uso sostible do auga, contribuír a paliar os efectos das secas ou ofrecer unha garantía de subministro de auga de calidade.

 Para levar a cabo este proxecto mediranse 25 indicadores deseñados para controlar aspectos como impactos atmosféricos, consumo enerxético, conservación dos ecosistemas e a biodiversidade, respecto á paisaxe, seguimento da cantidade e a calidade dos recursos hídricos, equilibrio territorial, control da demanda de auga ou xestión de residuos.

 Co seguimento ambiental, os técnicos de Augas de Galicia poderán detectar e resolver as problemáticas ambientais que presentan os sistemas de abastecemento galegos actuais e futuros. 

 Actuacións

A primeira fase dos traballos levarase a cabo durante os próximos dous anos e abarcará diversas actuacións como a realización dun seguimento da explotación de 248 estacións depuradoras (ETAP) verificando que as instalacións permitan cumprir os requisitos de calidade de auga.

 Esta fase tamén inclúe o control exhaustivo da documentación ambiental nos proxectos de abastecemento, prestando especial atención a aspectos como o aproveitamento de fontes enerxías renovables, a integración paisaxística das infraestruturas ou o respecto aos espazos protexidos.

Ademais, procederase á instalación dunha rede de piezómetros no ámbito territorial de Galicia-Costa para o control dos niveles de masas subterráneas de auga. Por último, desenvolverase unha campaña de sensibilización social para o fomento dun uso responsable do auga na que se reflectirá a importancia dos nosos comportamentos individual e colectivo na conservación do recurso.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s