La Xunta lucha contra el Real Decreto del carbón

GUERRA TRASLADA O APOIO TOTAL DA XUNTA AOS CONCELLOS DE CERCEDA E AS PONTES E AOS TRABALLADORES FRONTE AO REAL DECRETO DO CARBÓN

 El consejero de Economía e Industria traslada el apoyo total de la Xunta a los municipios de Cerceda y As Pontes y a sus trabajadores frente al Real Decreto del Carbón

  • A Consellería de Economía e Industria, os alcaldes de Cerceda e As Pontes e os sindicatos acordan sumar esforzos en defensa dos intereses de Galicia fronte aos negativos efectos do decreto do carbón   
  • A entrada en vigor da regulamentación “suporía o paro das centrais térmicas de Meirama e As Pontes e a drástica redución dos ciclos combinados de Sabón e das Pontes, cun impacto global sobre o emprego directo e asociado a súa actividade que afectaría a máis de 3.500 persoas, e un impacto económico cifrado en máis de 1.200 millóns de euros”
  • O conselleiro de Economía e Industria garantiu aos rexedores políticos e aos representantes dos traballadores que a Xunta “empregará todas as ferramentas xurídicas ao seu alcance para defender os intereses de Galicia para que o real decreto non afecte a milleiros de galegos que viven e traballan nas comarcas mineiras e que xa pasaron por unha anterior reconversión”
  • O responsable autónomico, que informou aos alcaldes e traballadores das xestións que se fixeron e se están a realizar para evitar a entrada en vigor do real decreto, reiterou que é necesario harmonizar os distintos intereses para non “traspasar os problemas dunhas comunidades autónomas a outras”

 Santiago, 23 de setembro de 2010.- A Consellería de Economía e Industria, os alcaldes de Cerceda e As Pontes, e as centrais sindicais acordaron hoxe aunar esforzos en defensa dos intereses de Galicia fronte aos negativos efectos que tería a entrada en vigor do real decreto do carbón. Así o manifestou hoxe o  conselleiro de Economía e Industria, que trasladou “o total apoio da Xunta a estes dous concellos e aos traballadores” fronte a posible posta en marcha desta regulamentación, que  “suporía o paro das centrais térmicas de Meirama e As Pontes e a drástica redución dos ciclos combinados de Sabón e das Pontes, cun impacto global sobre o emprego directo e asociado a súa actividade que afectaría a máis de 3.500 persoas, e un impacto económico cifrado en máis de 1.200 millóns de euros”, segundo os cálculos do seu departamento.

Javier Guerra trasladou estas cifras aos alcaldes de Cerceda e As Pontes, José García Liñares e Valentín González Formoso, e ás centrais sindicais no transcurso dun encontro que mantivo hoxe con eles nas instalacións da Casa do Concello de Cerceda. O conselleiro de Economía e Industria, que estivo acompañado polo director xeral de Industria, Ángel Bernardo Tahoces, garantiu aos rexedores políticos e aos representantes dos traballadores que a Xunta “empregará todas as ferramentas xurídicas ao seu alcance para defender os intereses de Galicia, toda vez que a posible aplicación do real decreto afecta a milleiros de galegos que viven e traballan nas comarcas mineiras galegas, que xa pasaron por unha anterior reconversión”.

 Nesta mesma liña, o responsable da Consellería de Economía e Industria insistiu en que “Galicia non está en contra de ninguén, pero si do lado dos intereses da nosa Comunidade Autónoma, porque as centrais térmicas afectadas polo decreto do carbón fixeron os seus deberes” e “resulta preocupante que non só non se recompense o esforzo de adaptación realizado por estas, senón que se penalice un proceso de modernización co obxectivo fundamental de diminuír as emisións contaminantes”.

 Javier Guerra trasladou aos alcaldes e aos representantes dos traballadores que a aprobación do real decreto por parte da Comisión Europea afectaría de xeito directo e indirecto a máis de 3.500 traballadores das centrais térmicas e dos ciclos combinados, pero tamén dos portos da Coruña e Ferrol. As perdas que ocasionaría a regulamentación “atópanse na redución do movimento económico e dos impostos e nos investimentos infrautilizados e nos que se deixarían de facer”, explicou.     

 Por este motivo, o conselleiro de Economía e Industria reiterou que resulta obrigado harmonizar “os distintos intereses existentes nas diferentes comunidades autónomas, non sendo posible xustificar que a Comisión Europea autorice unhas axudas a todas luces incompatibles co mercado interior, traspasando os problemas sociais e económicos dunhas comunidades a outras”, polo que a “Xunta sempre defenderá os intereses de Galicia e dos galegos, e por iso o Goberno galego está disposto a empregar todas as ferramentas xurídicas ao seu alcance para recurrir a posta en marcha do decreto do carbón”.

Piden que se abandone definitivamente

 Javier Guerra informou aos alcaldes de Cerceda e As Pontes, e aos representantes sindicais, das xestións que se levaron a cabo e as que se están levando a cabo para evitar que o real decreto entre en vigor. O conselleiro sinalou que “a Xunta presentou as alegacións pertinentes contra a actual redacción do real decreto do carbón, e fixo escoitar a súa voz no seo do Consello Consultivo de Hidrocarburos, no que pediu formalmente ante representantes do Ministerio de Industria o abandono definitivo desta regulamentación”. Ademais, lembrou que ten solicitado, “por dúas veces, ao vice presidente da Comisión Europea e comisario de Competencia, Joaquín Almunia, que antes de pronunciarse escoite a Galicia e non tome unha decisión se dar trámite de audiencia aos afectados, tal e como pretende o Goberno central”.

 Asemade, o conselleiro puxo en coñecemento do ministro de Industria, Miguel Sebastián, os negativos efectos que a entrada en vigor do real decreto terá para Galicia, ofrecendo, ademais, a súa colaboración e a de todo o seu equipo para “traballar lealmente na procura dunha solución que non implique o beneficio duns para prexuízo doutros, en este caso, Galicia”. Javier Guerra trasladou tamén aos rexedores e aos sindicatos que a “asesoría xurídica xeral da Xunta de Galicia está preparada para recorrer, se é o caso, a decisión da Comisión Europea no Tribunal de Luxemburgo, e o propio real decreto ante o Tribunal Supremo”.

¿Y tú qué opinas de esto?