Otoño gastronómico en Galicia

A SECRETARIA XERAL PARA O TURISMO PRESENTA EN MADRID A CUARTA EDICIÓN DO ‘OUTONO GASTRONÓMICO’ QUE PERMITE COMER E PERNOCTAR NAS CASAS DE TURISMO RURAL DE GALICIA

 Mª Carmen Pardo López afirma que o seu departamento, dependente da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, conseguiu no ano 2009 triplicar o volume de facturación dos establecmentos de turismo rural adheridos ao paquete respecto á primeira edición.

  • Ata o 15 de decembro máis de cen casas de turismo rural participan neste programa que contén 213 propostas gastronómicas, paquetes turísticos e fins de semana e que este ano inclúe como novidade 120 premios directos agochados no interior de 5.000 latas promocionais que terán todos os establecementos e aos que optarán todos os participantes.
  • Por primeira vez, o paquete tamén estará presente dentro da campaña de promoción da gastronomía de Galicia no mercado de San Miguel da capital española, mentras que en Galicia varios autobuses urbanos rotulados viaxarán a cidades como Vigo, Ferrol, Ourense, Pontevedra e Lugo.
  • Madrid é a primeira comunidade autónoma española que máis visita Galicia, cun peso do 16% a nivel estatal.

 Santiago, 17 de setembro de 2010.- A secretaria xeral para o Turismo, Mª Carmen Pardo López, presenta hoxe na Casa de Galicia de Madrid a campaña de promoción Outono Gastronómico en Turismo Rural, organizada a través da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, en colaboración coas asociacións de Turismo Rural de Galicia –Agatur, Fegatur e Pazos de Galicia-. Segundo informou a secretaria xeral, esta campaña, que permitirá pernoctar durante a fin de semana nas casas de turismo rural ás persoas que desexen participar, “conseguiu xa o ano pasado triplicar o volume de facturación respecto á primeira edición, pasando dos 125.000 euros aos 400.000 de 2009”.

Do 15 de setembro ao 15 de decembro de 2010, el Turismo Rural de Galicia celebra o seu cuarto Otoño Gastronómico. Son un total de 117 casas rurais as que participan no programa cun total de 213 propostas gastronómicas diferentes.

O paquete ofrece a posibilidade de adquirir o Paquete Outono Gastronómico que permite degustar o Menú Outono Gastronómico e pernoctar na casa de turismo rural elixida, incluíndo os almorzos do seguinte día dentro da oferta. O prezo é de 100 euros para dúas persoas en cuarto dobre ou de 60 euros para unha persoa en cuarto individual. Ademais de esas dúas posibilidades, a oferta completa de Fin de Semana Outono Gastronómico, que inclúe dous Menús Outono Gastronómico por persoa, aloxamento e almorzo nunha das casas de turismo rural participantes nesta promoción (noite de venres e sábado). O prezo é de 180 euros para dúas persoas en cuarto dobre ou de 120 euros por unha persoa en cuarto individual, novidades estas do ano 2009, da actual Secretaría Xeral para o Turismo.

Cada unhaa das casas rurais ofrecerá un ou dous menús exclusivamente concibidos para esta ocasión. Ademais todos os menús inclúen viños das cinco Denominacións de Orixe galegas. A oferta do Menú Outono Gastronómico inclúe os entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, cafés ou infusións, viños ou outras bebidas polo prezo global de 30 euros por persoa (IVE incluído).

 

Novidades

Como novidades destacadas, en calquera dos establecementos adheridos poderase optar a gañar algún dos 120 premios directos agochados no interior de 5.000 latas promocionais que haberá en todas as casas rurais: 25 fins de semana, 25 paquetes gastronómicos e 70 menús gratis sorteraranse para agradecer a confianza dos usuarios.

Outra das novidades destacadas desta edición é o incremento na apuesta divulgativa da campaña. Das habituais insercións en medios de comunicación escritos, a campaña  difundirase por primeira vez en televisión e radio.  A colaboración especial coa Televisión de Galicia a través do programa ‘Larpeiros’ así como a difusión en “mupis urbanos” de Santiago e  a través de mupis formato “senior” (máis grandes) en A Coruña contribuirán á promoción dun paquete que tamén chegará a cidades como Vigo, Ferrol, Ourense, Pontevedra ou Lugo por medio de varios autobuses urbanos rotulados.

Fóra de Galicia, ademais desta presentación, o paquete tamén estará presente, en novembro, a través da campaña de promoción de gastronomía de Galicia no mercado de San Miguel. Trátase de descubrir ao público as variedades e calidade dos produtos gastronómicos de Galicia cunha posta en escea innovadora; uns ‘carritos expositores’ instalados no centro do edificio tematizarán o produto cunha montaxe orixinal e sofisticada. Á fronte de cada un estará personal desprazado de Galicia e vendedores habituais da especialidade. Paralelamente, nos restaurantes do mercado celebraranse xornadas gastronómicas e sesións de ‘show-cookings” con cociñeiros galegos.

Neste sentido, a secretaria xeral recalcou a importancia do peso do turismo madrileño a Galicia. “Os madrileños son, a nivel estatal, os que máis nos visitan; concretamente, un 16%, segundo a Enquisa de Destino de Turgalicia que analiza os fluxos en período estival e que agora se verá ampliada ao resto do ano grazas á existencia do Observatorio del Turismo”, apuntou.

No apartado de promoción, o ‘Outono gastronómico’ contará con 12.000 guías bilingües en castelán e galego, 85.000 dípticos, 40.000 trípticos, 5.000 manteis individuais serigrafiados cos elementos gráficos da campaña, 500 carteis informativos, 5.000 sinaladores de páxinas para libros, espazo web específico en Turgalicia, entre outros.

As 117 casas que desenvolven esta campaña ofrecen os servizos descritos durante os venres, sábados e domingos dos meses citados, proporcionando unha boa oportunidade para que o público que aínda non coñece o turismo rural de Galicia se achegue a historia e ao patrimonio dos Pazos de Galicia, hoxe ciidadosamente rehabilitados; para revivir así a época das casas señoriais, Casas Grandes; para pasar unha noite nunha auténtica Casa Reitoral; ou para sentir o latexo da vida rural das Casas de Aldea e de Labranza.

Estes menús, xunto con toda a información desta campaña pode ser consultada na páxina web de Turgalicia, www.turgalicia.es, de maneira que os clientes poidan estudar previamente tanto as composicións dos menús como as fotografías e o resto das características das casas participantes, para facilitarlles a elección máis acorde aos seus gustos. Tamén haberá material dispoñible nas 94 oficinas de turismo de Galicia e se poderá obter información sobre o programa no teléfono 902 200 432.

¿Y tú qué opinas de esto?