Juegos populares de Galicia

              O Museo Pedagóxico de Galicia acollerá durante dúas fins de semana a 55 docentes do eido da educación física

  • Deste xeito a Consellería pon de manifesto o seu compromiso coa recuperación e a posta en valor dos xogos tradicionais galegos

 

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2010.- O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe as xornadas de formación ‘A dimensión educativa dos xogos populares e tradicionais de Galicia, que reúnen no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) durante dúas fins de semana a arredor de 55 docentes, fundamentalmente do eido da educación física.

Durante a súa intervención, Vázquez Abad destacou o labor feito polo Mupega desde o momento da súa creación – no ano 2000 – no proceso de formación do profesorado, e a prol da recuperación do tan rico e importante patrimonio lúdico galego. Así, explicou o valor das xornadas hoxe inauguradas, xa que «este rico tesouro que nos foi transmitido de xeración en xeración debe incorporarse ao ámbito educativo a través de diversas estratexias didácticas que de seguro lles han de resultar amenas, atractivas e axeitadas para continuar nos seus centros colaborando, espallando e poñendo en valor esta cultura ancestral».

Ademais, no acto tamén se clausurou a exposición temporal ‘Xogos e xoguetes en Galicia: tradición e modernidade’, que permanecía no museo desde o pasado mes de decembro e que, tale  como explicou o conselleiro «foi moi visitada e entrañablemente disfrutada tanto pola xente nova coma polos grupos de maiores que ata aquí se achegaron nestes meses». Deste xeito, concluíu, «o Mupega ten feito unha aposta firme e decidida polo xogo e xoguete, outra das facianas fundamentais da infancia». No acto inaugural, o conselleiro estivo acompañado do secretario xeral, Jesús Oitavén Barcala.

 

Información suministrada por:

GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

¿Y tú qué opinas de esto?