Santiago de Compostela, a 23 de outubro de 2019.- O director xeral de Enerxía e Minas,
Ángel Bernardo Tahoces, resolveu no día de onte deixar sen efecto de xeito temporal
todas as actuacións administrativas “causalmente vinculadas” ao Acordo do Consello da
Xunta do 27 de xuño suspendido recentemente polo Tribunal Superior de Xustiza de
Galicia, e polo que se aprobada a modificación do proxecto sectorial do parque eólico
do Iribio. Así mesmo, ordeou tamén “a paralización das obras derivadas das
autorizacións administrativas, así como a Resolución da modificación non substancial”.
A Dirección Xeral de Enerxía e Minas enviou esta notificación á entidade ecoloxista
ADEGA, como parte persoada no expediente de modificación, a última hora da tarde de
onte e logo de que organización instase a dar cumprimento ao auto do TSXG e ordenase
a paralización inmediata das obras.
Esta resolución do director xeral de Enerxía e Minas implica, non só supón a suspensión
temporal da efectividadedo Acordo do Consello da Xunta do 27 de xuño de 2019
suspendido polo TSXG, senón tamén dos acordos posteriores e anteriores vinculados a
dito acordo, isto é: a Resolución do 31 de maio de 2007 pola que se autorizan as
instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución, a súa inclusión no
réxime especial, a declaraciónde utilidade pública do proxecto, a aprobación da
modificación non substancial do parque eólico e a modificación definitiva do proxecto
sectorial de incidencia supramunicipal. Así mesmo, insta aos concellos de Samos e
Triacastela, nos que se empraza o proxecto eólico a adoptar asmedidas oportunas e,
por tanto, suspender taméntemporalmente as licenzas municipais outorgadas para a
execución das obras.
De feito, tamén no día de onte, o concello de Triacastela notificaba a ADEGA a
suspensión da licenza outorgada pola Xunta de Goberno o pasado 30 de agosto para a
construción do parque eólico Serra do Oribio e a paralización das obras feitas ao seu
amparo. Pola súa banda, o concello de Samos non comunicou oficialmente a emisión da
orde de paralización das obras, pero este feito foi confirmado telefonicamente con
persoal do concello.
Desde a plataforma Salvemos O Iribio consideramos que o auto do TSXG e a posterior
paralización das obras do parque eólico na serra do Iribio supoñen un fito histórico da
acciónorganizada da sociedade civil na defensa ambiental e cultural do país, aínda que
acollemos estas novas con certa cautela. Esta plataforma desconfía de que a empresa
Fergo Galicia Vento acate as ordes de paralización, xa que aínda onte pola tarde as súas
máquinas estaban a traballar na zona.