A Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 24-26) albergará o xoves 18 de maio, ás 20.30 h, a proxección de The rebel, a primeira ópera rock feita en Galicia obra dos músicos Iván e Miguel Caride que combina música, teatro, danza e cine. Ambos estarán presentes na charla-coloquio que terá lugar despois do visionado da ópera, á que tamén se incorporará o director do proxecto, Óscar Doviso. As entradas están dispoñibles a través das vías habituais da entidade: na páxina web Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.