A Audiencia arquiva a denuncia contra o núcleo zoolóxico de PAderne

A Audiencia Provincial eximiu de responsabilidade aos propietarios do núcleo zoolóxico Corax, de Paderne, tras a trabada dun mono do centro a un cliente. O tribunal entendeu que a propia cliente, M. P. R. C., é a principal responsable da mordedura sufrida debido a que ofreceu voluntariamente alimento á mona que lle trabou. O tribunal entende que precisamente esta actividade interactiva cos animais salvaxes é o que busca o cliente neste establecemento.

Os feitos remóntanse a finais do 2014, cando a denunciante sufriu a mordedura dun simio no centro de Paderne. Denunciou ante o xulgado de Betanzos, que entendeu que non había nada que xulgar e apelou á Audiencia Provincial, co apoio do Ministerio Fiscal. A sentenza engade e recalca que o motivo da mordedura está na “propia actuación da denunciante, quen asumiu voluntariamente a realización da acción de dar para comer ao animal”, o cal desfai calquera relación de causalidade entre unha conduta omisiva dos responsables da empresa.

A pesar de eximir aos responsables do núcleo zoolóxico de calquera responsabilidade penal, a sentenza da Audiencia Provincial si que recoñece á denunciante o dereito a acudir aos tribunais da orde civil para demandar a “adecuada compensación” pola trabada e tratamento que tivo que recibir posteriormente.

¿Y tú qué opinas de esto?