‘Lugo de cara ao Miño’ rechaza la ejecución de más obras en el trecho protegido del río Miño afectado por el dique ilegal

Durante os labores de recoñecemento “sobre o terreo” das obras a executar na marxe dereita do Caneiro da Luz, correspondentes á nova escala de peixes e ataguía asociada, á que asistiron técnicos da Xunta, da CH, do Concello e da empresa INCA.

Varios membros da plataforma acudimos ao lugar para manifestar o noso rexeitamento a tales obras por afectar a un espazo xa agredido e non resposto ao seu estado natural, e por alterar directamente unha especie en perigo de extinción, o nenúfar de río.

Pese a actitude totalmente pacífica demostrada polos membros da plataforma, acudiron ao lugar a Policía nacional e a Local, obrigándonos a identificarnos.

“LUGO DE CARA AO MIÑO” REXEITA A EXECUCIÓN DE MÁIS OBRAS NO TREITO DO RÍO MIÑO AFECTADO POLA ATAGUÍA ILEGAL NO QUE EXISTEN ESPECIES EN PERIGO DE EXTINCIÓN

  • A escala de peixes e a nova ataguía do Caneiro da Luz afectará a unha especie en perigo de extinción, o Nymphoides peltada ou nenúfar de río.
  • A Policía Nacional obrigou a identificarse a varios membros da Plataforma “Lugo de Cara ao Miño” que acudiron ao lugar a manifestar o seu rexeitamento ás obras de xeito pacífico. 
  • Autorizar novas obras nese treito de río sen retirar o dique ilegal significa premiar aos infractores.
Lugo, a 30 de agosto de 2016.- A partir das 10 desta mañá técnicos da Xunta, da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, do Concello de Lugo e da empresa INCA trasladáronse ao río Miño para realizar un recoñecemento sobre o terreo onde está prevista a execución da primeira escada de peixes e da ataguía asociada (a número 2) e que se pretende
situar na marxe dereita do Caneiro da Luz. A visita resultou unha pseudo-inspección técnica, xa que ningún dos alí presentes baixaron a pé de río para realizar os labores de recoñecemento onde se quere instalar a escala de peixes.
Varios membros da plataforma “Lugo de Cara ao Miño”, da que forman parte uns vinte colectivos sociais, culturais, ecoloxistas e políticos de Lugo, acudiron tamén ao lugar para amosar de forma pacífica o seu rexeitamento á realización de novas obras neste espazo natural protexido como Rede Natura, e nomeadamente nese treito onde se pode ver claramente a existencia dunha especie en perigo de extinción, o nenúfar de río, cuxa presenza no leito non foi avaliada na Declaración de Impacto ambiental do proxecto nin nos distintos informes da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia. Esta é unha de moitas outras especies e hábitats cuxa presenza foi obviada no procedemento de avaliación de impacto ambiental do proxecto hidroeléctrico da fábrica da luz e que se verá seriamente alterada se non se realiza unha análise ambiental da zona seria e rigorosa.
Durante case unha hora, os técnicos da Xunta, da CHMS, do Concello e de INCA mantiveron unha xuntanza a uns vinte metros do río e a pouca distancia de onde estabamos situados os membros da plataforma para significar que, a pesar de que as novas escalas de peixes e as ataguías asociadas contan coa autorización da Xunta e da Confederación Hidrográfica, non son asumibles neste treito do río, por estar xa agredido polo dique ilegal e por afectar a diversos hábitats e especies protexidas e non avaliadas neste espazo de Rede Natura, incluído o nenúfar de río.
Desde a plataforma, consideramos especialmente grave a total sinrazón e irresponsabilidade coa que está a actuar a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, por ser este o órgano ambiental encargado de protexer a integridade dos espazos naturais incluídos na Rede Natura 2000 e dos seus valores e hábitats protexidos. Nun informe do pasado 3 de maio polo que autoriza a execución das novas ataguías, a Xunta volve a excluír da avaliación do impacto destas obras varias especies e hábitats que conviven no espazo protexido afectado e que tampouco foron contempladas na Declaración de Impacto ambiental do proxecto, pese a que de forma retirada, pública e formalmente, membros desta plataforma advertiron deste defecto tanto á Dirección Xeral de Conservación da Natureza como á Confederación Hidrográfica Miño-sil. En ningunha destas ocasións a Xunta contestou ás nosas alegacións, e a CHMS limitouse a indicar que o espazo protexido non é da súa competencia.
A pesar de que os membros da plataforma mantivemos en todo momento unha actitude exemplar, totalmente pacífica e respectuosa cos labores dos técnicos, fomos obrigados a identificarnos por axentes da Policía Nacional que acudiron alí chamados, segundo as autoridades, pola Confederación Hidrográfica. Tamén foi advertida a Policía Local. Unha vez marcharon os técnicos do lugar, “Lugo de Cara ao Miño” despregou unha faixa a carón do Caneiro da Luz co título “Non máis agresións ao Miño”.
E O DIQUE ILEGAL SEGUE AÍ
Resulta, se cabe, máis alarmante que se aprobe a execución de novas obras cando aínda se atopa neste meso treito de río o dique manifiestamente ilegal construído ao outro lado do caneiro hai nove meses e sobre o que hai un expediente sancionador aberto pola CHMS e pendente de resolución definitiva polo Ministerio. Cos novos permisos de obra outorgados pola CHMS e a Xunta sen antes obrigar a restituír o espazo afectado polo dique ilegal ao seu estado natural, estase a premiar aos infractores.
Por outra banda, resulta lamentable o espectáculo que as distintas administracións públicas están a dar perante a opinión pública e a cidadanía de Lugo ao intentar pasarse sucesivamente a “patada quente” de quen debe tramitar a avaliación de impacto ambiental da ataguía ilegal; sobre todo, a sabendas de que un trámite destas características podería prolongarse cando menos un ano máis e que o dique non está preparado para aguantar no río durante ese longo período de tempo, tal e como se recoñece desde a Confederación Hidrográfica.
Hai que ter en conta ademais que o expediente sancionador aberto contra a construción do dique ilegal debe de ser resolto, segundo a Lei de Augas, antes de un ano desde que se incoa, é dicir, antes do vindeiro 30 de novembro. Por tanto, desde a plataforma coidamos que a solución máis adecuada, tanto ambiental como legalmente, é que o Ministerio resolva dunha vez por todas a súa retirada inmediata para poder ser efectuada nesta época de estiaxe, senón estaremos eternamente agardando a que Xunta e Ministerio resolvan o seu conflito de competencias e o dique ilegal seguirá aí. Chegados a este punto, dita urxencia de resolución non só responde a unha cuestión de restauración ambiental, senón tamén de seguridade colectiva.
Paralelamente, chámanos a atención a celeridade coa que a CHMS e a Avogacía do Estado tramitaron durante este mes de agosto o expediente de autorización de modificación da ataguías relativas ás escalas de peixes, cando, pola contra, a resolución definitiva do expediente sancionador contra o dique ilegal leva agardando dous meses no despacho da ministra en funcións, Isabel García Tejerina, para ser asinado.
Ante os novos acontecementos e a indecisión demostrada con respecto á ataguía expedientada, a plataforma Lugo de Cara ao Miño promoverá nas vindeiras semanas novas mobilizacións e estudará a posibilidade doutras accións de carácter administrativo e/ou xudicial que eviten máis agresións sobre o río Miño e que permitan a retirada do dique ilegal nesta época de estiaxe.
Integrantes de “Lugo de Cara ao Miño”: ADEGA, AGCT, Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde, Ateneo Engranaxe, Carneiro Alado, CIG, Coop. Bico de Grao, Cultura do País, Madia Leva, Masa Crítica, SLG, SOS Río Miño e as formacións políticas ACE-EU, Anova, BNG, Compromiso por Galicia, Espazo Ecosocialista, Equo, Lugonovo e Podemos.
Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s