Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
O GOBERNO EN FUNCIÓNS DEBE DEIXAR DE FACER POLÍTICA DE DESPACHOS EN CONTRA DOS CIDADÁNS E CUMPRIR A LEI CON REGANOSA
A decisión do Goberno en funcións de saltarse as decisións xudiciais para evitar a paralización de Reganosa roza a ilegalidade e prioriza os intereses económicos á seguridade cidadán e a defensa medioambiental
Ferrol, 31 de maio.
Dende o Partido Socialista de Ferrol reclamamos ó goberno en funcións do Partido Popular que deixe de facer política de despachos, en contra dos intereses dos cidadáns, e cumpra coa legalidade na pranta de gas de Reganosa.
Cremos que a decisión do Goberno en funcións de excluír «de maneira excepcional» do trámite de avaliación de impacto ambiental ós proxectos de autorización da planta de regasificación de gas natural licuado (GNL) de Reganosa de Mugardos co fin de evitar a súa paralización, roza a ilegalidade.
Dende o Partido Socialista entendemos que o cumprimento da lei…
Ver la entrada original 115 palabras más