A directora xeral de Mobilidade mantivo esta tarde unha xuntanza coa concelleira de Transportes de Vigo na que participaron tamén o director xeral de Administración Local e o delegado da Xunta na área
- O Goberno galego acepta incluír no convenio do Plan de Transporte Metropolitano garantías que vinculen a incorporación de Vigo á reforma da Lei da Área, pero, en ningún caso, cláusulas que impliquen discriminacións entre os cidadáns dos diferentes municipios
- A Xunta reitera que cumprirá cos prazos comprometidos para a reforma da Lei da Área e reclama que o Concello de Vigo cumpra tamén coa folla de ruta acordada e aprobe o antes posible o convenio de adhesión ao Plan de Transporte.