O delegado e o director de Administración Local mostraron a súa “preocupación” pola falta de incorporación do concello ao Plan de Transporte Metropolitano- O alcalde pediu unha nova reunión para matizar e aclarar determinados aspectos do convenio de adhesión que ten no seu poder desde hai máis de dous anos
- O titular de Administración Local pediu que non se engane a cidadanía e que se ratifique mediante actos concretos os anuncios feitos en prensa nos últimos días
- A Xunta recadou todos os informes para tramitar a Lei da Área Metropolitana e está en condicións de cumprir co seu compromiso de levala ao Consello.