- A sentenza do TSXG desestima un recurso dunha Asociación de propietarios que solicitaba o cobro dunha indemnización ademais do xustiprezo fixado para as parcelas expropiadas
- As tres administracións promotoras da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves unicamente deben pagar o xustiprezo establecido nas correspondentes sentenzas xudiciais
Santiago, 26 de xaneiro de 2016.- O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de ratificar o procedemento da Xunta para o pago das expropiacións a propietarios de terreos afectados pola Plataforma Loxistica-Industrial de Salvaterra-As Neves (PLISAN).
O TSXG desestimou o recurso contencioso administrativo presentado pola Asociación de Afectados pola PLISAN en referencia ao pago das expropiacións da zona MI (Multifuncional industrial). A sentenza do TSXG desestima as pretensións da asociación de cobrar unha indemnización a maiores do xustiprezo e establece que as tres administracións promotoras da Plataforma Loxística unicamente deben pagar o xustiprezo establecido nas correspondentes sentenzas xudiciais.
Cómpre lembrar que os…
Ver la entrada original 155 palabras más