- A conselleira de Infraestruturas adianta que solicitará ao alcalde de Vigo participar na súa reunión coa ministra de Fomento para abordar a solución urbanística da estación de Urzaiz, xa que se trata dun proxecto compartido
- Na xuntanza de hoxe ambas administracións abordaron os termos dos convenios nos que se plasmarán as actuacións que debe asumir cada institución para o desenvolvemento das actuacións intermodais, incluídas as obrigas municipais
- A Xunta iniciará este mesmo mes a redacción do proxecto básico da estación de autobuses de Vigo, mentres se contrata o de Santiago, se conclúen os estudos previos das terminais da Coruña e de Ourense e se define a solución de conexión para Pontevedra
- A conselleria fai fincapé na necesidade de que os concellos asuman obrigas como a construción dos accesos ou a posta a disposición dos terreos necesarios
Pontevedra, 16 de decembro de 2015.- A Xunta e o Ministerio de Fomento…
Ver la entrada original 321 palabras más