- A actuación, entre o enlace de Domaio, no PK 3+070 e o de Meira, no 7+280, contempla o desdobramento do tronco, a remodelación dos enlaces e duplicación do viaduto da Mó, así como a ampliación de dous pasos inferiores e un superior
- Executarase unha futura área de servizo en Meira, no PK 4+810, para o que se construirán os ramais que permitirán todos os movementos de entrada e saída da mesma, e inclúese a execución dun novo paso superior sobre a autovía
- O contrato permitirá dar continuidade ao desdobramento do tramo entre os enlaces de Rande e Domaio, é dicir, a conexión coa estrada local que comunica os núcleos de Domaio e San Lourenzo, que está xa en fase de obras
- Con este proxecto dotarase á comarca do Morrazo dunha autovía libre de peaxe, que resolverá os problemas de capacidade do corredor, que alberga 15.000 vehículos cada día, 20.000 moitos…
Ver la entrada original 497 palabras más