La Unión de Consumidores de Galicia denunciará a Media Markt por su Black Friday: «No somos tontos»

media-markt-bf

UCGAL recórdalle a Media Markt que os consumidores non son tontos

sábado, 28 noviembre 2015, 12:32, por Unión de Consumidores de Galicia.

Os comercios do noso país levan varios días anunciando grandes rebaixas de cara ó Black Friday, unha data significativa na que os diferentes establecementos comerciais buscan captar a atención dos usuarios e incentivar a compra dos seus produtos. A empresa Media Markt é unha máis das moitas que se suman á celebración desta ‘festa’ tipicamente estadounidense ofertando atractivas rebaixas.

Este venres, Unión de Consumidores de Galicia recibiu queixas dos seus asociados nas que expresaban o seu descontento con Media Markt e a súa política de prezos nestas datas. Os consumidores acusan á empresa de inflar os prezos dos seus produtos durante os días previos ó Black Friday para logo, facer unha rebaixa mínima o día en cuestión.

UCGAL considera que a modificación significativa dos prezos en véspera do Black Friday en relación cos prezos que os mesmos produtos ofertados tiñan en datas previas a dito acontecemento é unha práctica comercial desleal que supón un prexuízo para os intereses económicos das persoas consumidoras.

Por todo isto, esta organización considerou pertinente presentar unha denuncia ante o Instituto Galego de Consumo e o Tribunal Galego de Defensa da Competencia contra Media Markt.

VER MÁS EN ADSLZONE.NET

¿Y tú qué opinas de esto?