DO PERSOAL DE COCIÑA DE EOXI VIGO

Avatar de VgomagazineVGO MAgazine

As traballadoras e traballadores das cociñas do Hospital Meixoeiro, Hospital Nicolás Peña e Alvaro Cunqueiro, ante as queixas da mala calidade da comida de pacientes  e usuarios dos Hospitais, queren manifestar o seguinte:

– O noso traballo de elaboración, cocción e fabricación dos alimentos é impecable, igual que se facía anteriormente nos hospitais Xeral, Nicolás Peña  e Meixoeiro.

– Os materiais son de primeira calidade, sendo a súa elaboración excelente.

Somos conscientes que o problema é o cambio de sistema que aplica o SERGAS e polo tanto no proceso de quentamento de platos, hai en moitas ocasións deterioro da comida asi como da súa presentación.

Sirva esta nota para defender a nosa profesionalidade, así como, o ben facer de todos os nosos compañeiros e compañeiras.

Ver la entrada original

¿Y tú qué opinas de esto?