Sogama: “Galicia está cumpliendo el objetivo de vertido para 2025”

“Galicia está cumprindo o obxectivo de vertido para o 2025″

miércoles, 11 noviembre 2015, por Sociedad Galega Do Medio Ambiente Sa (SOGAMA)

11.11.2015

•Así o desvelou Carlos Martínez Orgado, Presidente da Fundación para a Economía Circular, nun faladoiro que, baixo o título “A xestión dos residuos urbanos nun marco de economía circular”, emitiu recentemente Onda Cero Galicia, contando igualmente coa participación de Carlos Rodríguez, Secretario Xeral Técnico de Aeversu, e Javier Domínguez Lino, Presidente de Sogama.

No transcurso da mesma puxéronse de relevo, por parte do representante de Aeversu, as oportunidades, tanto ambientais como económicas e sociais, da valorización enerxética da fracción non reciclable dos residuos, tal e como se recolle nun estudo elaborado por G-Advisory, do Grupo Garrigues.

•En canto ao novo paquete de economía circular, que previsiblemente verá a luz o próximo 2 de decembro, o máximo responsable da Fundación para a Economía Circular sinalou que vai representar un importante paradigma no ámbito dos residuos, xa que se vai a tratar de pensar os bens e servizos para que duren máis ou, o que é o mesmo, “facer máis con menos”. E en relación ao novo PEMAR, manifestou que, aínda que contempla novidades moderadamente positivas para España, podía ser máis ambicioso.

•Pola súa banda, Domínguez destacou que Sogama atópase moi por baixo dos niveis medios de vertido en España (60 por cento), indicando que a previsión de peche do 2015 contempla o envío a vertedoiro dun 26-27 por cento. Fixo referencia á ampliación do complexo medioambiental de Cerceda, na que se investirán 30 millóns de euros, a fin de incrementar a súa capacidade nun 36 por cento, aumentar os niveis de reciclado e diminuír o vertido nun 30 por cento.

Cerceda, a 11 de novembro de 2015.- Onda Cero Galicia emitiu recentemente, no seu programa rexional vespertino, un faladoiro que, baixo o título “A xestión dos residuos urbanos nun marco de economía circular”, contou coa participación de Carlos Martínez Orgado, Presidente de Honra da Fundación para a Economía Circular; Carlos Rodríguez, Secretario Xeral Técnico de Aeversu (Asociación de Empresas de Valorización Enerxética de Residuos Urbanos, que aglutina a dez plantas); e Javier Domínguez Lino, Presidente de Sogama.

OPORTUNIDADES DA VALORIZACIÓN ENERXÉTICA DA FRACCIÓN NON RECICLABLE DOS RESIDUOS

No transcurso do espazo radiofónico, púxose de relevo a importancia da valorización enerxética da fracción non reciclable dos residuos, facéndose eco, tanto Carlos Rodríguez como Javier Domínguez, das súas importantes oportunidades ambientais, económicas e sociais para o noso país. De feito, e mentres o máximo responsable de Sogama argumentou que o sistema contribuiría a reducir a dependencia enerxética exterior de España, empuxando cara prezos de electricidade máis competitivos, o representante de Aeversu referiuse ao estudo realizado por G-Advisory, do Grupo Garrigues, cuxas conclusións se fixeron públicas o pasado 6 de outubro en Madrid, dando a coñecer, dunha forma máis precisa e transparente, os impactos da recuperación enerxética. Así, enfatizou o seu principal logro, que non é outro que conseguir o máximo aproveitamento dun residuo que, doutro xeito, acabaría inexorablemente en vertedoiro, a peor opción. Aludiu tamén á súa repercusión socioeconómica, toda vez que o sistema xera 1.000 empregos directos, ademais de 1.400 indirectos e inducidos. Así mesmo, deixou patente que as plantas asociadas a Aeversu están xerando un millón e medio de MWh, sendo 430.000 as vivendas que poderían ter acceso a esa produción enerxética.

NOVO PAQUETE DE ECONOMÍA CIRCULAR E NOVO PEMAR

En canto ao paquete de economía circular, que previsiblemente verá a luz o próximo 2 de decembro, Martínez Orgado sinalou que vai representar un importante paradigma no ámbito dos residuos, xa que se vai a tratar de pensar os bens e servizos para que duren máis e teñan unha vida máis longa (facer máis con menos), incidindo na necesidade de reducir, reutilizar e reciclar, ata un 70 por cento, todos os refugallos xerados. Neste sentido, identificou que o éxito do sistema é precisamente o vertido cero dos residuos reciclables e valorizables, práctica obligatoria no ano 2030.

Desde a perspectiva social, confirmou a contribución da economía circular á creación de 200.000 postos de traballo directos en España, á vez que permitirá manter o estatus de vida dos cidadáns e utilizar os recursos dunha forma máis eficiente. En definitiva, “producir máis bens e servizos con menos recursos materiais, enerxéticos e auga”.

Carlos Rodríguez abundou en que o nivel e a calidade do emprego creado polo sector da valorización enerxética é moi cualificado. Destacou igualmente que a presenza deste sistema nos países europeos do norte é notable. Estariamos a falar entre o 35 e o 54 por cento, fronte ao 10 por cento de España. As súas taxas de reciclado son tamén máis elevadas, e todo isto fai que as porcentaxes de vertido nestes Estados apenas cheguen ao 4 por cento, mentres que en España estamos no 60 por cento.

Respecto ao novo PEMAR (Plan Estatal Marco de Residuos), o Presidente da Fundación para a Economía Circular, manifestou que, aínda que contempla novidades moderadamente positivas para España, podería ser máis ambicioso. Considera que os pasos dados cara adiante son evidentes, pero tamén “vai facer falta un gran esforzo para coller o tren europeo”, recalcou.

En canto ás cifras de reciclaxe no noso país, clarificou que o 30 por cento que recolle Eurostat non se axusta á realidade, sendo máis elevadas e chegando ao 38 por cento. E iso é así porque “a Administración española non contabiliza a xestión privada dos residuos”. En todo caso, e ao seu xuízo, trátase de avanzar cara ao menor depósito de refugallos en vertedoiro e, para iso, España vai ter que triplicar os residuos non reciclables destinados a valorización enerxética.

O portavoz de Aeversu ensalzou o esforzo que está a realizar o Ministerio de Medio Ambiente para homoxeneizar a información procedente das Comunidades Autónomas e desta forma dispoñer de datos máis axustados á realidade.

AMPLIACIÓN DE SOGAMA

Javier Domínguez destacou que Sogama atópase moi por baixo dos niveis medios de vertido en España, indicando que a previsión de peche do 2015 contempla o envío a vertedero dun 26-27 por cento, menos da metade que no noso país. Así mesmo, e conforme ao plan galego de xestión de residuos urbanos 2010-2020 e as directrices europeas, fixo referencia á ampliación do complexo medioambiental de Cerceda, na que se investirán 30 millóns de euros, a fin de incrementar a súa capacidade nun 36 por cento, pasando das 550.000 ás 750.000 toneladas anuais. Isto permitirá incrementar os niveis de reciclado e diminuír o vertido nun 30 por cento.

Respecto ao futuro, os tertulianos mostráronse optimistas e evidenciaron a importancia da educación e a participación cidadá. Adicionalmente, Carlos Martínez apuntou á necesidade de ir converxendo cara ás mellores solucións, poñendo de relevo que Galicia está a cumprir o obxectivo de vertido para o 2025. “Se Galicia pode, o resto de España tamén”, sentenciou.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s