La USC da la bienvenida a más de 500 estudiantes extranjeros de 30 países este curso

ESTUDIANTES EXTRANJEROS USC

A USC dá a benvida aos máis de cincocentos estudantes estranxeiros que este curso chegan ás súas aulas

Actualizada: 17-09-2015 12:52
O perfil internacional da Universidade de Santiago fortalécese cada ano coa chegada do seu alumnado estranxeiro procedente de todas as partes do mundo, este por vez primeira tamén de Ecuador, Venezuela e Vietnam. Ata o de agora –os prazos definitivos péchanse en novembro– a USC conta este curso con 516 estudantes de máis de 30 países.
Para darlle a benvida á institución na que convivirán os vindeiros meses a USC organiza en setembro un acto no que teñen a oportunidade de solventar dúbidas e coñecer mellor a Universidade. Este encontro distendido tivo lugar esta tarde en Fonseca e nel o reitor Juan Viaño agradeceulles “ enormemente” que elixisen a USC como o seu centro de estudos, “que quere ser a vosa casa”. Mais á vez que os animou a estudar e aproveitar todo o que a universidade lles brinda recomendoulles que non perdan “a oportunidade de gozar de toda a oferta de entretemento e boa vida que ofrece esta cidade Patrimonio da Humanidade”.
Ata o de agora –os prazos non están aínda pechados– son 263 os estudantes que chegan este ano ás aulas da USC a través do Programa Erasmus, a maior parte de Italia (120), pero tamén de Alemaña (37), Francia (23), Reino Unido (22) e 14 países europeos máis. Boa parte deles (104) estudarán na Facultade de Filoloxía, que é a preferida xunto coas de Dereito, Medicina e Odontoloxía, Ciencias Políticas e Sociais e Económicas e Empresariais.
Por convenio bilateral ata o momento se agarda a chegada de 253 estudantes, procedentes de México (122), Brasil (51), Chile (23), Arxentina (14), Colombia (12), Australia, China, Perú, Rusia, Uruguai, Xapón, Ecuador, Venezuela e Vietnam. Nesta caso moitos deles van estudar no Campus de Lugo, concretamente na Escola Superior de Enxeñaría, Faculltade de ADE 4e Veterinaria. En Santiago os destinos máis solicitados son Económicas e Dereito.
Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s