Boa noite a todas e a todos, hoxe 3 de setembro estaba previsto que pechara o Hospit
al Xeral, o “pirulí” para as persoas que xa temos algúns anos…
Toda unha xeración naceu neste hospital, estamos aquí para renderlle homenaxe e para reclamar un Hospital público e sen recortes onde poida nacer dignamente a próxima xeración.
Pero a política sanitaria da actual Xunta de Galicia está a deteriorar e facer inviable economicamente o sistema sanitario público galego e, se non pomos remedio, a próxima xeración nacerá non hospital recortado, privatizado e con poucos recursos.
Co argumento de que a crise económica obrigaba a reducir gastos e a buscar apoio no sector privado, a Consellería de Sanidade tomou dúas importantes decisións que supoñen un punto de inflexión para o futuro da sanidade pública galega:
- Reducir o orzamento sanitario, especialmente os capítulos de investimento e do gasto corrente destinado a garantir o funcionamento…
Ver la entrada original 1.414 palabras más