Os cortes de auga en Vigo se resolven con esperas e con papeis, nunca con dereitos. Mentres Aqualia, a empresa concesionaria, leva anos facendo bos negocios con este ben común.
O luns achegouse ao punto de información unha muller con aviso de corte de auga. Fica sen ingresos mentres agarda pola RISGA que ven de solicitar. Ante a inminencia do corte acude a servizos sociais. Alí recibe como resposta aos seus problemas unha cita coa traballadora social para dentro dun mes e os impresos para solicitar unha Axuda de Emerxencia Municipal. Indícanlle que a entregue no rexistro municipal coa seguinte documentación:
– Certificado de pensións da Seguridade Social (positivos/negativos).
– Orixinal e copia da tarxeta de demanda de emprego.
– Certificado negativo de prestacións do INEM.
– Orixinal e copia do contrato ou recibo de alugueiro.
– Recibo e aviso de corte de auga.
A muller ten aberto expediente no…
Ver la entrada original 232 palabras más