- A Xunta reduciu o seu endebedamento no primeiro trimestre en 55 millóns de euros
- Galicia é a comunidade que menos aumentou a súa débeda dende 2008
- Tendo en conta a ratio global que inclúe empresas públicas, Galicia ten un endebedamento 4,9 puntos inferior á media
Santiago, 12 de xuño de 2015.- A Xunta de Galicia reduciu a súa débeda no primeiro trimestre do ano en 55 millóns de euros, e o endebedamento público da Comunidade galega xa é 4,5 puntos inferior á media das comunidades autónomas, segundo os últimos datos publicados hoxe polo Banco de España, que ratifican que Galicia segue sendo a comunidade de referencia no control da débeda pública.
Así, a ratio de débeda/PIB de Galicia reduciuse no primeiro trimestre do ano en dúas décimas, ata o 18,0%, mentres que no total das comunidades autónomas aumentou unha décima, ata o 22,5%. En consecuencia, Galicia mantén un diferencial positivo…
Ver la entrada original 202 palabras más