Inventiva e Afundación colaboran para impulsar o talento e a creatividade en nenas e nenos con altas capacidades

Avatar de VgomagazineVGO MAgazine

A asociación Inventiva, en colaboración coa Fundación Galicia Obra Social (Afundación) inicia no Colegio Hogar Afundación un programa de actividades dirixidos a impulsar o talento e a creatividade en nenas e nenos con altas capacidades. A primeira xornada desenvolverase mañá sábado, 30 de maio, entre as 16.30 e as 18.00 h, coa conferencia «Escola de Inventiva: construíndo xuntos, cara unha escola nova», dirixida a familias e profesionais, que impartirá o pedagogo e profesor Roberto Martínez Sande. No mesmo horario, abrirase un museo científico, que se instalou no propio Colegio Hogar no que dous enxeñeiros explicarán ás nenas e nenos asistentes, algúns dos misterios que hai detrás dos obxectos que se expoñen.

Ver la entrada original

¿Y tú qué opinas de esto?