PRETO DE 3.300 PERSOAS PRESENTARANSE MAÑÁ EN SILLEDA ÁS PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE

Avatar de VgomagazineVGO MAgazine

  • O obxectivo desta iniciativa é fomentar o acceso dos participantes aos cursos vinculados aos certificados de profesionalidade
  • As competencias, que se dividen en dous niveis, céntranse nas seguintes especialidades: matemáticas, lingua castelá, lingua galega e inglés

 

Santiago, 22 de maio de 2015.- Preto de 3.300 persoas presentaranse mañá no Recinto Feiral de Silleda ás probas de avaliación en competencias clave que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Emprego e Formación.

Estas probas de avaliación permiten aos beneficiarios que non teñan un nivel determinado de formación acreditada acceder a aqueles cursos de formación vinculados a certificados de profesionalidade.

En concreto, mañá examinaranse de competencias de nivel 2 e 3 nas seguintes especialidades: matemáticas, lingua castelá, lingua galega, e inglés. En total, entre os case 3.300 participantes desenvolverán unhas 11.600 probas nestas materias. A que acumula un maior número é matemáticas, seguida de lingua…

Ver la entrada original 200 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?