- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria destas axudas
- Terán como prioridade, como en anos anteriores, aqueles nenos e nenas que xa tiveran concedida a axuda no curso pasado e, como novidade, establécense tamén como preferentes os solicitantes de concellos sen oferta de escolas infantís sostidas con fondos públicos
- Esta actuación permitirá ás familias contar cunha axuda para acudir a calquera escola infantil privada que escollan e terán de prazo un mes para solicitala
- A contía a percibir polos usuarios por cada praza de xornada completa oscilará entre os 45 euros mensuais das rendas máis altas e os 250 euros para as rendas máis baixas
Santiago, 27 de abril de 2015.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas da Consellería de Traballo e Benestar do cheque infantil, que no curso 2015-2016 está dotada cun orzamento de máis de 1,7 millóns de euros…
Ver la entrada original 636 palabras más