A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe en Ferrol as XV Xornadas galegas sobre condicións de traballo e saúde
O borrador desta estratexia está actualmente en fase de alegacións e o seu resultado final será “froito do consenso e a concertación”
Mato recordou que a prevención de riscos laborais redunda en importantes beneficios como a mellora da calidade de vida dos traballadores, e da eficiencia e rendibilidade das empresas
O total dos accidentes laborais rexistrados en Galicia descenderon nun 54 por cento entre 2008 e 2014
O próximo martes, día 28, conmemórase o Día mundial da seguridade e saúde no traballo.
Ferrol, 22 de abril de 2015.- O futuro Plan Estratéxico de Seguridade e Saúde Laboral 2015-2020 incorporará importantes avances, entre os que destacan a especial atención que se prestará ás actuacións dirixidas a PEMES e microempresas; e o reforzo da coordinación entre as administracións competentes en…
Ver la entrada original 380 palabras más