O director xeral do Igape, Javier Aguilera, destacou que a procura de novas oportunidades de negocio impulsa a innovación no sector, que será clave para que cada vez poida ser máis competitivo a nivel global. Salienta que ao escoller Navantia para o seu proxecto de eólica mariña de Wikinger, Iberdrola recoñece a competitividade do estaleiro ferrolán a abre portas á diversificación industrial das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Destaca o papel que desenvolverá CIS Galicia como ponte da innovación cara as empresas de Ferrolterra e, en concreto, cara aos estaleiros e auxiliares do naval
Ferrol, 22 de abril de 2015.– O director do Igape, Javier Aguilera, salientou hoxe que a localización de novas oportunidades de negocio en áreas como a eólica mariña está a impulsar a innovación no sector naval galego e redundará nun incremento da competitividade que contribuirá ao seu crecemento futuro. Durante a súa intervención…
Ver la entrada original 324 palabras más