Particulares con ingresos regulares, usuarios de autoservizo, menores de 30 anos e autónomos, comercios e micropemes non pagarán polas operacións e servizos máis habituais
Os clientes do banco poderán beneficiarse do programa Cero Comisións a cambio duns requisitos accesibles
15.04.2015. ABANCA inicia hoxe o programa Cero Comisións, que exime de forma automática a máis dun millón de clientes do pagamento das comisións polas operacións e servizos máis habituais.
Dende hoxe, 1.120.000 clientes particulares (con nómina ou pensión domiciliada ou ingresos regulares, menores de 30 anos e persoas que utilizan canles online ou de autoservizo) e 62.000 autónomos, profesionais liberais, comerciantes e micropemes non pagarán polo mantemento e administración das súas contas, polas súas tarxetas, ingresos de cheques ou transferencias.
O programa, transparente, accesible e innovador no mercado, premia a vinculación dos clientes e o uso de canles alternativas á oficina, e non esixe nin a contratación dun determinado produto…
Ver la entrada original 2 palabras más