Este martes 17 estaremos acompañando ao amigo Antonio Reigosa na presentación do libro «Galicia Encantada. A terra das mil e unha marabillas» no que tiven o gusto de colaborar. Un acto para non perderse.
O ATENEO DE PONTEVEDRA
e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA
comprácense en convidalo/a á presentación do libro:
Galicia Encantada
O país das mil e unha fantasías
Edición de Antonio Reigosa
O acto, que contará coa participación de Poldo Cañizo Durán,
Rafael Quintia, Calros Solla, Manuel Bragado
e Antonio Reigosa, terá lugar o martes, 17 de marzo, ás 20:00 horas,
no Salón de Actos d’ A Casa das Campás,
rúa Don Filiberto, 9-11 (a carón do Teatro Principal) en Pontevedra.
