Manifestación el viernes en Vigo en defensa del empleo en Povisa y en solidaridad con la huelga de hambre

HUELGA DE HAMBRE

Vigo acolle este venres unha manifestación en defensa do emprego en Povisa e en solidariedade coa folga de fame

A marcha partirá da Praza dos Cabalos ás 20.00 horas e rematará na Porta do Sol
As rúas de Vigo acollerán unha manifestación este venres día 13 en defensa do emprego e da calidade asistencial en Povisa e en solidariedade coa folga de fame que dende hai tres días manteñen tres traballadoras/es do hospital para reclamar a readmisión de 13 compañeiros/as. As folguistas recibiron hoxe novas mostras de solidariedade, entre elas a da secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, que se achegou até o centro médico xunto a outros/as responsábeis da federación.
huelgapovisa

A marcha que percorrerá o centro da cidade coincidirá co cuarto día de xexún, despois de que o martes ás 10.00 horas se iniciase a folga de fame no interior do hospital vigués contra os 13 despedimentos (10 celadores/as e 3 traballadores/as do arquivo) notificados pola dirección. O vindeiro luns, xusto ao día seguinte de que se faga efectiva a rescisión dos contratos, sumarase á protesta un dos celadores despedidos.

A manifestación, convocada polo comité de empresa -CIG, SGPS, UGT e CGT, coa excepción de CCOO, Omega e dous independentes- ten por obxecto reclamar a readmisión dos despedidos/as e denunciar a perda de calidade asistencial e o non cumprimento do convenio entre o centro médico privado e o Sergas, xa que non se manteñen os ratios de persoal dos centros públicos.

As mostras de solidariedade coas tres folguistas está a ser constante tanto por parte do resto de traballadores/as de Povisa como de usuarios/as e pecientes e da cidadanía en xeral. De feito, dende que o martes se iniciou a protesta xa se recolleron arredor de 500 sinaturas en reclamando a readimisión dos despedidos e en defensa da calidade asistencial.

Visita da secretaria nacional da CIG-Saúde

Entre as mostras de apoio recibidas salientou a da secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, que esta mañá achegouse até o hospital vigués xunto a responsábeis da federación, como o secretario comarcal, Manuel G. Moreira.

 Os empregados/as do hospital privado, que teñen pensado manter a protesta até que a dirección de empresa retira os despidos,  seguen a reclamar a intervención do Sergas e da Consellería de Sanidade no conflito laboral. Neste senso, unha representación do comité mantivo onte unha xuntanza coa delegada provincial da Xunta e agardan unha resposta nos vindeiros días.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s