AGE acusa a Feijóo de mentir a los pacientes de hepatitis C

Nota AGE

Yolanda Díaz acusa a Feijóo de mentir aos doentes de hepatite C ao votar contra a súa curación na sanidade pública

miércoles, 25 febrero 2015, 11:49, por Alternativa Galega de Esquerdas (AGE)

Yolanda Díaz acusa a Feijóo de mentir aos doentes de hepatite C ao votar contra a súa curación na sanidade pública

  • A viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda pregunta ao presidente da Xunta cal é para el o prezo dunha vida humana

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2015.- A indecencia do presidente da Xunta acadou na sesión de control desta mañá unha nova cota. Amparado en todo momento pola parcialidade da presidenta do Parlamento –que acumulou unilateralmente as preguntas de Alternativa Galega de Esquerda e mais do BNG para que Feijóo apenas respondese unha vez-, ignorou as cuestións formuladas pola viceportavoz de AGE, Yolanda Díaz. E unicamente se dirixiu a ela para, nunha mostra do burla e frivolidade, mesturar a súa negativa a ofrecer curación aos doentes de hepatite C coa situación política en Venezuela.

“Só queremos que nos responda a unha cuestión, señor Feijóo”, iniciou Díaz a súa intervención, “cal é para vostede o prezo que ten unha vida humana? Conteste”. A viceportavoz de Alternativa referíase ás reiteradas negativas de Feijóo, o seu Goberno e o seu partido a que a sanidade pública sufrague os novos tratamentos que permiten a curación da hepatite C. No pleno parlamentario anterior, non contentos con rexeitar propostas de AGE nese sentido, a presidenta do Parlamento expulsou aos membros da plataforma de enfermas e enfermos de hepatite C da tribuna de convidados. “Vostede comparte o criterio da presidenta desta Cámara ao tratar aos doentes e ás súas familias como criminais?”, preguntou Yolanda Díaz, quen lembrou como Feijóo, nun aceno de “covardía política”, se ausentou da votación en que o seu grupo parlamentario decidiu non facilitar a curación da hepatite C no sistema sanitario público.

A intervención de Díaz para a que o presidente da Xunta non tivo resposta ningunha tamén se referiu á morte de Pedro Morales durante os días en que o Partido Popular se negaba na Cámara galega a subministrar os fármacos aos doentes. “Por que morreu? Canta xente máis ten que morrer para que vostedes decidan subministrar os fármacos a quen os precisa?”, engadiu. Tampouco Feijóo tivo nada que dicir sobre Eugenio Leira, un home transplantado dúas veces de fígado e a quen lle receitaron o tratamento o pasado 10 de febreiro. A día de hoxe segue sen recibilo. “Ten que morrer para que lle chegue o seu tratamento?”. Entrementres, na comisión organizada polo Ministerio de Sanidade do PP que, teoricamente, atenderá as solicitudes do novo tratamento, hai persoas con “graves conflitos de intereses”.

O presidente da Xunta, nunha falta de respecto absoluta á cidadanía, optou por escapulirse das cuestións expostas por Yolanda Díaz, facer un exercicio de economicismo inhumano ao comparar orzamentos públicos dedicados a graves doenzas e, contra o regulamento e os usos teóricos dunha cámara de representantes, esquecer todas e cada unha das incómodas preguntas de Alternativa Galega de Esquerda.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s