A Sede Afundación en Vigo acollerá o vindeiro luns 23 de febreiro, entre as 10.00 e as 20.00 h, a primeira edición do Atlante Wine Forum, unha xornada de traballo e formación dirixida aos profesionais do sector vitivinícola do noroeste de España e norte de Portugal na que se reunirán algúns dos maiores expertos en viño do mundo. «O foro está orientado aos profesionais de todos os ámbitos do ciclo de vida do viño, desde o coidado na viña, ata a mesa do restaurante, pasando polo turismo
e o comercio», destaca Xoán Cannas, director do Instituto Galego do Viño (INGAVI), entidade organizadora do evento, no que colaboran a Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas, Galicia Calidade, a D. O. Ribeiro e Tradecorp. As entradas para o fórum están á venda na páxina web de Servinova, www.servinova.com e na billeteira telefónica, 902 504 500.