O CONSELLO GALEGO DA COMPETENCIA PUBLICA UN INFORME NO QUE PON DE MANIFESTO A FALTA DE COMPETENCIA NA VENDA DE UNIFORMES ESCOLARES

Avatar de VgomagazineVGO MAgazine

• Cando as familias teñen máis alternativas para mercar os uniformes, obteñen mellores prezos e condicións
• Os centros deben introducir competencia na venda dos seus uniformes para que as familias paguen menos por uniformes de mellor calidade
• Un uniforme con distintivos do colexio resulta de media un 183% máis caro que un uniforme formado por pezas sen distintivos
• O 28% dos centros educativos galegos recorre a un distribuidor exclusivo, o que encarece o prezo do uniforme entre un 12% e un 14%
• Entre as súas recomendacións, o CGC indica que se deben seleccionar os distribuidores mediante procesos selectivos e con criterios obxectivos, ou que os contratos deben ter unha duración curta

Santiago, 6 de febreiro de 2015.- O Consello Galego da Competencia (CGC) vén de publicar un informe sobre uniformes escolares no que se pon de manifesto a preocupación do organismo ante a falta de competencia…

Ver la entrada original 662 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?