Chegamos ao xulgado, a onde queríamos. O 29 de xaneiro de 2015 celebrouse o primeiro xuízo, no Xulgado do Contencioso nº 1 de Vigo, contra o departamento de Benestar Social do Concello de Vigo por mor das Axudas de Emerxencia Social (AEM). Bea, compañeira da ODS-Coia, demandou ao Concello da cidade pola denegación de dúas AEM. Trátase da primeira demanda dunha cidadá en relación coas AEM, pero non será a última: o 18 de febreiro volveremos de novo ao xulgado polo mesmo motivo, a darlle folgos e apoio a outra compañeira que defenderá os seus dereitos perante un tribunal.
Estamos satisfeitas por que o xoves 29 chegamos a onde queriamos. Levabamos meses de moito traballo que posibilitou este primeiro xuízo: petición colectiva para que fixeran públicas as bases, accións de rúa, información persoal e colectiva sobre requisitos de acceso ás AEM, esixencia de copia selada da entrega, denuncia dos…
Ver la entrada original 604 palabras más